País Vasco
O Concello de Hernani presenta o seu plan de éuscaro para o período 2023-2027
O Concello de Hernani presentou o Plan de éuscaro 2023-2027 co obxectivo de continuar coa normalización desta lingua no municipio e no que destaca a creación do Consello do Éuscaro.
Fonte: Diario Vasco
A Deputación Foral de Biscaia convoca axudas a entidades que fomenten o éuscaro
Esta convocatoria de subvencións está dirixida a entidades sen ánimo de lucro e que impulsen actividades de fomento do éuscaro en diferentes ámbitos sociais, como lecer, deporte, contidos dixitais, contorno laboral etc.
Fonte: Diputación Foral de Bizkaia
O Goberno vasco celebra un acto de recoñecemento do uso do éuscaro de entidades públicas e privadas

Neste acto, celebrado en Bilbao, recoñecéronse os avances de entidades públicas e privadas en materia de xestión e desenvolvemento do éuscaro. Así, ademais dos certificados Bikain, entregáronse outros distintivos como os diplomas Harrobi.
Fonte: Gobierno Vasco
O Goberno vasco recibe unha delegación australiana que quere coñecer o seu sistema de tradución
Representantes do Goberno de Australia visitan o País Vasco do 11 ao 15 de decembro para coñecer IZO, o Sistema Oficial de Tradutores para a tradución e a interpretación do éuscaro e ao éuscaro da Administración.
Fonte: Gobierno Vasco
Ponse en marcha a campaña Manga Euskaraz para fomentar a lectura en éuscaro entre a mocidade

No marco da edición deste ano da Durangoko Azoka porase en marcha esta campaña, impulsada pola editorial Harriet e o Goberno vasco, para fomentar a lectura en éuscaro entre a xente nova.
Fonte: Noticias de Álava
EITB lanza un novo servizo audiovisual de noticias en éuscaro

WhatsApp Orain é o novo servizo de noticias en éuscaro creado por informativos EITB que se engloba na marca dixital Orain Berriak. Primará as noticias de máis impacto social e o formato vídeo e imaxes.
Fonte: EITB
O Goberno vasco pon en marcha unha campaña para fomentar o uso do éuscaro no comercio e na hostalería en 131 localidades

Por cuarto ano consecutivo comeza a campaña «Eskatu Eskaini Euskaraz» que ten como obxectivo fomentar o uso do éuscaro no comercio e na hostalería e sensibilizar as persoas consumidoras. Un total de 131 localidades vascas participarán nesta iniciativa.
Fonte: Gobierno Vasco
Máis da metade dos profesionais do Servizo Vasco de Saúde conta co perfil lingüístico correspondente á súa praza
O Servizo Vasco de Saúde-Osakidetza multiplicou en vinte anos por sete a porcentaxe de profesionais que cumpren o perfil lingüístico da súa praza, ao pasar do 7,6 % ao 51 %.
Fonte: Gobierno Vasco
Celébrase o Día Internacional do Éuscaro centrado este ano na presenza desta lingua no mundo dixital
A celebración do Día Internacional do Éuscaro o 3 de decembro estivo centrada este ano nos retos no ámbito dixital e no fito que supón, neste sentido, a campaña GAITU para a captación de voces para que as tecnoloxías falen este idioma.
Fonte: Gobierno Vasco
O informe de 2022 de Elebide recolle 212 incidencias relativas á vulneración dos dereitos lingüísticos
Este informe sinala que o ano pasado se rexistraron 212 incidencias por vulneracións dos dereitos lingüísticos, 65 menos que o ano anterior. O 96 % das queixas relacionouse co dereito a usar o éuscaro.
Fonte: Gobierno Vasco
Boletín
Subscríbase ao boletín