País Vasco

O Goberno vasco aproba un acordo para garantir os dereitos lingüísticos da cidadanía

O acordo que asinarán o Servizo de Garantía dos Dereitos Lingüísticos e o Ararteko (o valedor do pobo do País Vasco) terá unha vixencia de catro anos e o seu obxectivo será definir a colaboración na protección da cidadanía fronte á discriminación lingüística e protexer os seus dereitos neste eido.

Fonte: Gobierno Vasco

País Vasco

Zineuskadi 2024 convoca axudas para a dobraxe de películas ao éuscaro

O programa de axudas Zinema Euskaraz, cuxa convocatoria está aberta a novas solicitudes ata o 31 de decembro, cobre o 100 % dos gastos de dobraxe dos filmes ao éuscaro.

Fonte: Cine y Tele

País Vasco

A Deputación Foral de Guipúscoa premia tres entidades polo seu compromiso co fomento do éuscaro no ámbito socioeconómico

No acto de recoñecemento da iniciativa «LH Duala Euskaraz» (FP Dual en éuscaro), premiáronse tres entidades que levan a cabo a formación profesional e a inserción laboral do alumnado en éuscaro: Copreci, Aita Menni e Elkarmedia.

Fonte: Diputación Foral de Gipuzkoa

País Vasco

A Universidade do País Vasco desenvolve o maior modelo de linguaxe para o éuscaro

Latxa é o nome do gran modelo de linguaxe para o éuscaro creado por HiTZ, Centro Vasco de Tecnoloxía da Linguaxe da Universidade do País Vasco. O seu obxectivo é fomentar o desenvolvemento de investigacións, innovacións e produtos que funcionan con esta lingua.

Fonte: Universidad del País Vasco

País Vasco

O Goberno vasco aproba o novo plan de éuscaro para os vindeiros dez anos

O novo plan, denominado Aroa. Marco estratégico para la revitalización del euskera y empoderamiento de las personas vascohablantes, ten como obxectivo responder aos cambios sociais e fortalecer unha comunidade de falantes de éuscaro activa e apoderada.  

Fonte: Gobierno Vasco

País Vasco

O Concello de Barakaldo aproba o Plan estratéxico de normalización do uso do éuscaro

O novo Plan estratéxico de normalización do uso do éuscaro, que terá unha vixencia ata o ano 2027, é froito da participación do persoal técnico de diferentes áreas e organismos municipais, así como responsables políticos do Concello.  

Fonte: En Barakaldo

País Vasco

O Concello de Lezo traballa na elaboración do seu sétimo Plan de normalización do uso do éuscaro

O Concello de Lezo presentoulle ao seu persoal este novo plan, que comezará coa elaboración dun diagnóstico para coñecer o uso e a xestión lingüística actual.

Fonte: Lezoko Udala

País Vasco

Unha nova ferramenta impulsará a difusión internacional da literatura en éuscaro e a súa tradución a outras linguas

Etxepare Euskal Institutua presentou esta nova ferramenta que busca a difusión internacional da literatura en éuscaro e o fomento da súa tradución a outras linguas a través dun portal con mostras literarias traducidas ao francés ou ao inglés.

Fonte: Gobierno Vasco

País Vasco

O Concello de Abanto Zierbena aproba un plan de fomento do éuscaro

O plan para fomentar o emprego do éuscaro no Concello de Abanto Zierbena ten previstos tres retos para os vindeiros anos: ofrecer os servizos en éuscaro, incrementar o seu uso oral entre o persoal e os responsables políticos, e impulsar unha correcta xestión do plan de uso.

Fonte: EnAbantoZierbena

País Vasco

O Concello de Donostia organiza cursos específicos de éuscaro para profesionais do comercio e da hostalería

Estes cursos de éuscaro para profesionais do comercio e a hostalería, que se imparten nos euskaltegis da cidade, teñen unha duración de 60 horas e un custo de 60 euros.  

Fonte: Donostik

País Vasco

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder