País Vasco
O Goberno vasco convoca unha nova edición do programa Lanhitz para impulsar o éuscaro no sector privado

Destinaranse 2,2 millóns de euros a esta convocatoria, 200 000 máis que á do ano pasado. O obxectivo do programa Lanhitz é incrementar o uso e a presenza do éuscaro nos centros de traballo do sector privado.
Fonte: Gobierno Vasco
O Concello de Vitoria-Gasteiz aproba o novo Plan de normalización do uso do éuscaro
O Plan de normalización do uso do éuscaro ten como obxectivo garantir os dereitos lingüísticos da cidadanía e permitir as comunicacións co Concello en calquera das linguas oficiais.
O X Foro de Empresas Arabesas subliña o valor que lles achega o éuscaro ás súas compañías
As compañías presentes neste foro coñeceron as experiencias de 28 empresas e axentes económicos e abordaron os pasos que se deben dar para impulsar o uso do éuscaro a partir destas boas prácticas.
Fonte: Gobierno Vasco
Vitoria-Gasteiz acolle unha manifestación para esixirlle ao Goberno vasco que coloque o éuscaro no centro das políticas audiovisuais
Esta mobilización reclamáballe ao Goberno vasco un cambio nas políticas sobre cultura e sector audiovisual para que se sitúe o éuscaro no centro, así como unha oferta ampla, actualizada e atractiva de contidos nesta lingua en plataformas, EiTB ou cinemas.
Fonte: NoticiasDe
Preséntase o Plan de uso do éuscaro da Deputación Foral de Guipúscoa
O Plan de uso do éuscaro (2023-2027) sinala catro retos para estes anos: xestión xeral do éuscaro, liderado, cláusulas lingüísticas e lingua de creación.
Crean a primeira plataforma de traducións, transcricións e síntese de voz en éuscaro
Trebe Language Technologies é unha startup con sede en Donostia que lle ofrece á súa clientela traducións, transcricións e síntese de voz en éuscaro e que aposta tamén polas linguas cooficiais como o catalán ou o galego.
Fonte: Estrategia
O Concello de Vitoria-Gasteiz subvenciona cursos de éuscaro para diferentes colectivos
Destinaranse 560 000 euros a cursos de éuscaro para familias con fillos/as en idade escolar, persoas maiores de 55 anos, persoal de comercio e hostalería e persoas de orixe estranxeira.
Unha nova campaña invita os profesionais do sector sanitario a escoller o éuscaro como lingua de preferencia

O Servizo Vasco de Saúde lanza esta campaña na que convida os profesionais sanitarios a escoller o éuscaro como lingua de preferencia a través dunha aplicación na que poderán rexistrar o idioma, o que lles permitirá facer unha mellor oferta de servizos.
Fonte: Gobierno Vasco
Selecciónase o proxecto gañador da nova axuda para impulsar curtametraxes de xénero fantástico en éuscaro
Olentzerori eskatu nion, de Amaia San Sebastián, converteuse no proxecto gañador da nova axuda para impulsar a produción de curtametraxes de xénero fantástico en éuscaro que se entregou no marco do Festival de Cine Fantástico – FANT, organizado polo Concello de Bilbao.
Fonte: Ayuntamiento de Bilbao
O tradutor neuronal Itzuli opta a un premio internacional de innovación polo seu uso transformador da tecnoloxía

Itzuli é un tradutor automático neuronal baseado na intelixencia artificial capaz de realizar traducións de gran calidade do éuscaro ao castelán, francés e inglés. Agora opta a un premio de carácter internacional promovido por Red Hat cuxa votación xa está aberta.
Fonte: Gobierno Vasco
Boletín
Subscríbase ao boletín