País Vasco

O Concello de Agurain ofrece un terzo da súa oferta deportiva para adultos en éuscaro

Un terzo da oferta deportiva de Agurain destinada a persoas adultas para o curso 2024/2025 será en éuscaro, mentres que a oferta infantil está garantida ao 100 % nesta lingua.

Fonte: Ayuntamiento de Agurain

País Vasco

O Concello de Portugalete aproba un plan de éuscaro centrado na mocidade

O plan aprobado para o período 2024-2027 en Portugalete inclúe un programa para fomentar o uso do éuscaro entre a mocidade no seu tempo libre.

Fonte: Tele 7

País Vasco

O Goberno vasco destina case un millón de euros á creación de material didáctico en éuscaro

O Consello de Goberno aprobou a convocatoria EIMA, que destina 985 000 euros á produción de materiais didácticos en éuscaro para niveis educativos non universitarios. Esta convocatoria subdivídese en tres modalidades: materiais impresos, materiais dixitais e materiais impresos.

Fonte: Gobierno Vasco

País Vasco

O Goberno vasco impulsa o consumo das redes sociais en éuscaro entre a mocidade

O Consello de Goberno aprobou unha subvención de 150 000 euros para Arabako Ikusentzunezko SLU co proxecto Tximist, destinado a fomentar o consumo de contidos en éuscaro entre a mocidade de 18 a 25 anos en redes sociais e plataformas como Spotify.

Fonte: Gobierno Vasco

País Vasco

A Deputación Foral de Áraba aproba o seu novo Plan de normalización do uso do éuscaro

O Consello de Goberno Foral aprobou o novo Plan Estratéxico de Normalización do Uso do Éuscaro 2023-2027, que busca avanzar no uso desta lingua tanto nos servizos á cidadanía como nas tarefas internas. Este plan servirá como ferramenta para actualizar e seguir os criterios de uso das linguas oficiais na institución.

Fonte: Radio Llodio

País Vasco

Tres establecementos comerciais de Vitoria-Gasteiz reciben un premio polo seu apoio ao éuscaro

O Concello de Vitoria-Gasteiz premiou por sorpresa dous comercios e unha asociación polo seu labor diario a prol do éuscaro.

Fonte: El Correo

País Vasco

A plataforma de streaming en éuscaro PRIMERAN acada a cifra dos 100 000 subscritores

O ano pasado nacía PRIMERAN, a maior plataforma de streaming en éuscaro. En tan só 10 meses, o servizo conseguiu acadar a cifra dos 100 000 subscritores/as, un éxito que se suma aos premios que recibiu an varios foros.

Fonte: eitb.eus

País Vasco

O Goberno Vasco eleva a un B2 o nivel esixido de éuscaro para a ESO

O Goberno Vasco, a través da súa lei 17/2023, eleva a un B2 o nivel de éuscaro para o alumnado que remate o ensino secundario obrigatorio. A medida entrará en vigor o próximo curso académico.

Fonte: Gasteiz Hoy

País Vasco

O Concello de Bilbao impulsa o uso social do éuscaro cunha campaña de comercio e hostalaría

O Concello de Bilbao deu inicio á campaña Euskaraz Barra-Barra para impulsar o uso social do éuscaro no comercio e na hostalaría.

Fonte: Bilbao.eus

País Vasco

Convócase por segunda vez o premio Kiroletik Bagoaz Euskaraz para recoñecer boas prácticas que fomenten o éuscaro no deporte

O Goberno vasco convoca por segunda vez o premio Kiroletik Bagoaz Euskaraz, destinado a recoñecer boas prácticas que fomenten o uso do éuscaro no deporte. O galardón premia persoas, asociacións ou grupos que traballen pola normalización do éuscaro neste ámbito.

Fonte: Gobierno Vasco

País Vasco

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder