País Vasco
O Concello de Bilbao pon en marcha unha campaña para animar a cidadanía a aprender éuscaro nos euskaltegis locais
A campaña «Euskara Nonahi-Euskera en cualquier parte» ten como obxectivo impulsar a matriculación nos euskaltegis locais este curso e defende o uso do éuscaro en calquera espazo e situación.
Fonte: Ayuntamiento de Bilbao
A Escola Superior de Arte Dramática de Euskadi reforzará o éuscaro no seu proxecto educativo

O novo proxecto educativo da Escola Superior de Arte Dramática e Danza de Euskadi, Dantzerti, reforzará o éuscaro ao longo deste novo curso académico.
Fonte: Europa Press
Ofertan cursos de éuscaro para familias que queiran aprendelo
O Concello guipuscoano de Elgoibar ofertará cursos para nais e pais que queiran iniciarse na aprendizaxe da lingua vernácula.
Fonte: El Diario Vasco
O Tribunal Superior de Xustiza do País Vasco rexeita a obrigatoriedade do éuscaro como requisito para ser policía municipal
O Tribunal Superior de Xustiza do País Vasco rexeitou a obrigatoriedade de falar éuscaro como requisito para acceder á bolsa de traballo de policías municipais creada en 2021, ao consideralo discriminatorio. A sentenza confirma unha resolución previa que indicaba que non é necesario que todos os axentes coñezan o idioma para garantir os dereitos lingüísticos dos falantes de éuscaro, senón que abonda con que un dos axentes o domine.
Fonte: EITB
O Concello de Vitoria-Gasteiz e a Deputación Foral colaboran para facilitarlle ao alumnado o acceso aos cursos de éuscaro
O Concello de Vitoria-Gasteiz abriu o prazo para inscribirse nos cursos de éuscaro para o curso 2024-2025, nos que ofrece 900 prazas para diversos colectivos como pais e nais, maiores de 55 anos, persoas estranxeiras e traballadores de comercio e hostalería.
Fonte: Diputación Foral de Álava
A aprendizaxe do éuscaro será gratuíta no País Vasco nos niveis A1 e C1
O Goberno vasco reforza a gratuidade no ensino do éuscaro destinando case catro millóns de euros á aprendizaxe desta lingua. Estas subvencións buscan incrementar o seu uso social e facilitar o acceso a ela a persoas inmigrantes e doutras comunidades autónomas.
Fonte: Gobierno Vasco
Un total de 160 autoescolas do País Vasco ofrece a posibilidade de obter o permiso de conducir en éuscaro

O Goberno vasco lembra que é posible obter o carné de conducir en éuscaro en 160 autoescolas de Euskadi, que proporcionan manuais e probas en liña nesta lingua. Esta iniciativa, impulsada en colaboración coa Federación de Autoescolas de Euskadi, busca fomentar o uso do éuscaro entre a mocidade, garantir materiais de calidade e facer o proceso de aprendizaxe máis dinámico.
Fonte: Gobierno Vasco
As clases do nivel A1 de éuscaro serán gratuítas en todos os euskaltegis
A vicelehendakari primeira e conselleira de Cultura e Política Lingüística do Goberno vasco anunciou que, a partir de setembro, as clases do nivel A1 de éuscaro serán gratuítas en todos os euskaltegis para facilitar o acceso a esta lingua. Destacou a importancia da súa promoción en ámbitos máis amplos, como o laboral e o ocio.
Fonte: Barakaldo Digital
Só o 25 % dos responsables políticos arabeses sabe éuscaro
En xullo, aprobouse o novo Plan estratéxico de normalización do uso do éuscaro 2023-2027 da Deputación Foral de Áraba, co obxectivo de incrementar o uso do éuscaro como lingua de servizo e de traballo. O plan destaca a baixa competencia neste idioma entre os responsables políticos arabeses e busca que o 40 % deles poidan escribir en éuscaro. Ademais, propón que 400 dos 965 postos de traballo requiran coñecemento desta lingua e que se responda nela todas as solicitudes e escritos durante os próximos catro anos.
Fonte: GasteizBerri
Apróbase o Plan estratéxico de normalización do uso do éuscaro de Tolosa
O Concello de Tolosa aprobou o Plan estratéxico de normalización do uso do éuscaro 2023-2027, xunto cos Criterios de Uso das Linguas Oficiais. Este plan, elaborado co apoio do persoal e representantes políticos, busca integrar o éuscaro na xestión diaria e avanzar na súa normalización. Ademais, inclúe accións como a adaptación das cláusulas lingüísticas nos contratos públicos e a clasificación das sesións e eventos municipais para garantir un uso adecuado das linguas.
Fonte: Tolosako Udala
Boletín
Subscríbase ao boletín