País Vasco

Preséntase o novo Plan estratéxico do éuscaro de Barakaldo

O Concello de Barakaldo presenta o seu novo Plan estratéxico do éuscaro, que busca garantir os dereitos lingüísticos da cidadanía e fortalecer a presenza da lingua en todos os ámbitos. Elaborado con achegas de diversos axentes sociais, aposta por unha política lingüística inclusiva e adaptada á diversidade local. O plan estrutúrase en cinco eixes estratéxicos e inclúe accións como a creación dunha Comisión de Éuscaro, a formación de profesionais e campañas de sensibilización para impulsar o uso da lingua.

Fonte: EnBarakaldo

País Vasco

O Concello de Bilbao triplica as axudas económicas para aprender éuscaro

O Concello de Bilbao ampliou as subvencións para aprender éuscaro a toda a cidadanía no curso 2024-2025, o que triplicou as solicitudes e aumentou o orzamento ata os 700 000 euros. Este cambio permitiu que todas as persoas que cumpriron os requisitos recibisen axuda para cubrir a matrícula en euskaltegis. A medida busca fortalecer o uso e a transmisión do éuscaro na vida diaria.

Fonte: Bilboko Udala

País Vasco

Increméntase o nivel de uso do éuscaro na localidade de Amorebieta

Un estudo sociolingüístico confirmou o aumento do uso do éuscaro en Amorebieta-Etxano, cunha suba do 3,1 % nos últimos cinco anos, co que alcanza o 23,4 % das conversas na rúa. O municipio sitúase como referente no territorio, cun uso superior á media comarcal.

Fonte: DOTB

País Vasco

A Real Academia da Lingua Vasca actualiza o seu dicionario con 795 novas formas

O dicionario da Real Academia da Lingua Vasca (Euskaltzaindia) incorporou 795 novas formas en éuscaro, con termos culinarios como ajoarriero, guakamole e entsalada errusiar, e conceptos modernos como reggaeton ou ziborg. Desde 2016, as actualizacións son semestrais e nelas revísanse e mellóranse as entradas existentes. O traballo recente incluíu revisións baseadas en corpus especializados e un novo buscador para facilitar consultas. O dicionario conta agora con 51 407 formas e 69 364 acepcións.

Fonte: El Diario

País Vasco

O Goberno vasco e Euskaltzaindia colaborarán en programas para o impulso do éuscaro

O Departamento de Educación do Goberno vasco e Euskaltzaindia reforzan a súa colaboración para impulsar o éuscaro mediante o programa EIMA, destinado á creación e difusión de materiais didácticos nesta lingua. O acordo inclúe a aplicación das normas de Euskaltzaindia, a coordinación de iniciativas e a promoción dun sistema educativo plurilingüe centrado no éuscaro.

Fonte: Gobierno Vasco

País Vasco

O Concello de Bilbao organiza un ano máis Ikusi eta Ikasi, o programa de lecer familiar en éuscaro

O Concello de Bilbao impulsa unha nova edición de Ikusi eta Ikasi, programa de lecer familiar en éuscaro que celebra 22 anos de actividade. Con 64 propostas para menores de 2 a 11 anos, inclúe sesións específicas para os máis pequenos e as súas familias. A inscrición está aberta do 13 ao 27 de xaneiro na web oficial do programa.

Fonte: Bilboko Udala

País Vasco

Vitoria acolle unha exposición sobre as variedades locais do éuscaro

O centro cívico de Zabalgana acolle a exposición interactiva «Euskara ibiltaria», que explora a diversidade da lingua vasca a través do Atlas das Variedades Locais do Éuscaro. Esta mostra busca divulgar o valor cultural da lingua e permitir unha experiencia sensorial para coñecer as súas variantes dialectais. Inclúe mapas, xogos e audios que revelan a riqueza léxica e morfolóxica do idioma, resultado de entrevistas realizadas entre 1987 e 1992 en 145 localidades.

Fonte: Ayuntamiento de Vitoria-Gasteiz

País Vasco

O Concello de Pasaia convoca axudas para o fomento do éuscaro en empresas e comercios

Xa está aberto o prazo de solicitude de subvencións para actividades de promoción do éuscaro que se prolongará ata o 19 de xaneiro. A convocatoria ten como obxectivo a concesión de axudas para o deseño e seguimento de plans de éuscaro nas empresas, a colocación de rótulos nesta lingua e a adaptación de imaxes corporativas, páxinas web e programas informáticos a esta lingua.

Fonte: Pasaiako Udala

País Vasco

O Goberno vasco destaca que a asunción da competencia de cinematografía lle dá maior marxe para apoiar o cine en éuscaro

O Goberno vasco comeza a xestionar a cinematografía desde o 1 de xaneiro, logo de recibir a competencia do Estado. Esta transferencia permite mellorar a tramitación de axudas e recursos para o cine en éuscaro, o que lle dá máis marxe para apoiar esta industria.

Fonte: Infobae

País Vasco

Os mozos vascos usan máis o éuscaro que o castelán no traballo

Segundo un informe, o 58 % da mocidade vasca empregan o éuscaro no traballo, fronte ao 47 % que usan o castelán. O estudo destaca a importancia da lingua no ámbito laboral entre as xeracións máis novas.

Fonte: Norte Expres

País Vasco

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder