País Vasco
O Concello de Tolosa inicia un proceso participativo para definir a política lingüística para os vindeiros anos
Tras a perda de vixencia do anterior plan 2022-2024, o novo ampliarase ata o 2034, para o que se busca a participación cidadá a través de dúas canles: grupos de interese e recollida de achegas de forma telemática e en caixas de correo.
Fonte: Ayuntamiento de Tolosa
Convócanse axudas para a dixitalización dos euskaltegis privados e os centros homologados de autoaprendizaxe de éuscaro
O Goberno vasco destinará 200 000 euros a esta convocatoria para dotar as aulas destes centros de equipamentos tecnolóxicos como encerados dixitais e proxectores.
Fonte: Gobierno Vasco
O Concello de Basauri pide colaboración cidadá para deseñar o seu plan de éuscaro
Para o deseño do Plan estratéxico de éuscaro de Basauri organizouse un proceso de participación veciñal, cun cuestionario do que se recibiron 65 respostas e catro mesas de traballo ás que acudiron 40 persoas, así como dinámicas específicas para a mocidade.
Fonte: Ayuntamiento de Basauri
O Goberno vasco convoca unha nova edición do programa Lanhitz para impulsar o éuscaro no sector privado

Destinaranse 2,2 millóns de euros a esta convocatoria, 200 000 máis que á do ano pasado. O obxectivo do programa Lanhitz é incrementar o uso e a presenza do éuscaro nos centros de traballo do sector privado.
Fonte: Gobierno Vasco
O Concello de Vitoria-Gasteiz aproba o novo Plan de normalización do uso do éuscaro
O Plan de normalización do uso do éuscaro ten como obxectivo garantir os dereitos lingüísticos da cidadanía e permitir as comunicacións co Concello en calquera das linguas oficiais.
O X Foro de Empresas Arabesas subliña o valor que lles achega o éuscaro ás súas compañías
As compañías presentes neste foro coñeceron as experiencias de 28 empresas e axentes económicos e abordaron os pasos que se deben dar para impulsar o uso do éuscaro a partir destas boas prácticas.
Fonte: Gobierno Vasco
Vitoria-Gasteiz acolle unha manifestación para esixirlle ao Goberno vasco que coloque o éuscaro no centro das políticas audiovisuais
Esta mobilización reclamáballe ao Goberno vasco un cambio nas políticas sobre cultura e sector audiovisual para que se sitúe o éuscaro no centro, así como unha oferta ampla, actualizada e atractiva de contidos nesta lingua en plataformas, EiTB ou cinemas.
Fonte: NoticiasDe
Preséntase o Plan de uso do éuscaro da Deputación Foral de Guipúscoa
O Plan de uso do éuscaro (2023-2027) sinala catro retos para estes anos: xestión xeral do éuscaro, liderado, cláusulas lingüísticas e lingua de creación.
Crean a primeira plataforma de traducións, transcricións e síntese de voz en éuscaro
Trebe Language Technologies é unha startup con sede en Donostia que lle ofrece á súa clientela traducións, transcricións e síntese de voz en éuscaro e que aposta tamén polas linguas cooficiais como o catalán ou o galego.
Fonte: Estrategia
O Concello de Vitoria-Gasteiz subvenciona cursos de éuscaro para diferentes colectivos
Destinaranse 560 000 euros a cursos de éuscaro para familias con fillos/as en idade escolar, persoas maiores de 55 anos, persoal de comercio e hostalería e persoas de orixe estranxeira.
Boletín
Subscríbase ao boletín