País Vasco
Un ciclo de curtametraxes en éuscaro percorrerá 35 localidades do País Vasco
O ciclo de curtametraxes Laburbira comeza o 12 de abril en Bergara e remata o 12 de maio en Markina-Xemein, un mes no que se proxectarán oito películas.
Fonte: EITB
Preséntase un informe de medición do uso do éuscaro nas rúas de Lezo
O informe de medición do uso do éuscaro nas rúas de Lezo, realizado por Soziolinguistika Klusterra no outono de 2023, mostra datos preocupantes, cuns dos niveis de uso desta lingua máis baixos dos últimos vinte anos.
Fonte: Lezoko Udala
O Concello de Arrigorriaga aproba o novo Plan de normalización do uso do éuscaro
Este novo plan, así como os criterios de política lingüística, aprobáronse por unanimidade no pleno do Concello e estarán vixentes ata o 2027. O seu obxectivo é garantir os dereitos lingüísticos da cidadanía e que o éuscaro sexa lingua de servizo e traballo no Consistorio.
Fonte: Ayuntamiento de Arrigorriaga
O Goberno vasco convoca subvencións para incrementar o uso do éuscaro nos medios que usan principalmente o castelán

Esta convocatoria de axudas para o ano 2024, dotada dun millón de euros, está destinada a incrementar o uso do éuscaro nos medios de comunicación que utilizan principalmente o castelán e nas axencias de noticias que tamén emiten en éuscaro a través de internet.
Fonte: Gobierno Vasco
Preséntase un novo tradutor de éuscaro baseado na intelixencia artificial

O Goberno vasco e Red Hat presentaron Itzuli, un proxecto que aproveita as vantaxes da intelixencia artificial para ofrecer servizos de tradución (do éuscaro ao español, francés e inglés), transcrición (voz a texto en éuscaro e español) e síntese (texto a voz en éuscaro, español, francés e inglés).
Fonte: Computing
O Goberno vasco crea unha plataforma dixital para o ensino e a aprendizaxe do éuscaro

A plataforma dixital Ingura ofrecerá a posibilidade de aprender éuscaro desde calquera dispositivo, en calquera momento e lugar, de forma cómoda e flexible a través de exercicios baseados en vídeos. Así mesmo, permitirá un modelo titorizado moderno adaptado ás necesidades de aprendizaxe actuais.
Fonte: Gobierno Vasco
O Foro de Empresas de Áraba reúnese para tratar a implantación do éuscaro nas empresas
Este foro, que traballa para impulsar o uso do éuscaro nas empresas, celebrou un encontro para informar sobre as ferramentas dispoñibles para a promoción desta lingua, en concreto, sobre os servizos de asesoramento lingüístico ou as axudas existentes para a súa implantación.
Fonte: Diputación Foral de Álava
Varias entidades deportivas de Santurtzi participan nunha iniciativa para incrementar o uso do éuscaro
Sumáronse a esta iniciativa para fomentar o uso do éuscaro no ámbito deportivo xuvenil cinco clubs de Santurtzi. Trátase dun programa que buscar mellorar a utilización do éuscaro fóra do ámbito educativo, así como a súa percepción.
Fonte: En Santurtzi
Os gobernos español e vasco prorrogan catro anos o convenio para que as probas de acceso á avogacía se poidan realizar en éuscaro
Esta prórroga por catro anos do convenio, dotado de 6000 euros para 2024, permitiralles aos aspirantes realizar en Euskadi as probas de acceso á Avogacía e á Procuradoría en éuscaro ou en castelán.
Fonte: Gente
O Concello de Laudio organiza unha campaña para impulsar o uso do éuscaro no comercio local
Ao longo do mes de marzo porase en marcha a décima edición da iniciativa «Euskara, sari zihurra» que ten como obxectivo impulsar o uso do éuscaro no comercio local.
Fonte: Noticias de Álava
Boletín
Subscríbase ao boletín