País Vasco

Dez clubs eibarreses elaboran un plan de éuscaro para a tempada 2023-2023

O Concello de Éibar solicitoulles aos clubs deportivos aos que lles asigna subvencións a elaboración dun plan de éuscaro, cuxo obxectivo é que esta lingua forme parte da actividade diaria destas entidades e do seu persoal.  

Fonte: Eibarko Udala

País Vasco

O Concello de San Sebastián organiza cursos para atender a clientela en éuscaro

Estes cursos de éuscaro están dirixidos a profesionais do sector do comercio e desenvolveranse entre os meses de outubro e febreiro co obxectivo de axudar a mellorar a atención á clientela euscalduna.

Fonte: San Sebastián Shops

País Vasco

Increméntase o coñecemento do éuscaro en Vitoria

Nos últimos anos incrementouse o coñecemento do éuscaro na capital vasca, segundo mostran os datos facilitados polo Concello de Vitoria relativos ao ano 2021. Así, case o 30 % da súa poboación é euscalduna (7,4 puntos máis que en 2011); o 16,3 % entende esta lingua aínda que non a fala; e o 54,8 % é castelanfalante.

Fonte: Noticias de Álava

País Vasco

As cooperativas de Mondragón impulsan a elaboración de plans de éuscaro

Os membros de Euskaragileak animan a outras empresas a pór en marcha plans de éuscaro adaptados ás súas características e necesidades, para o que elaboraron un documento informativo que divulgarán polas empresas.

Fonte: TU Lankide

País Vasco

O Concello de Amorebieta-Etxano pon en marcha un proxecto para aprender éuscaro a través de cancións vascas

O proxecto Kantakatilu, que se porá en marcha a partir de outubro, consiste na práctica do éuscaro a partir de cancións vascas, co obxectivo de practicar esta lingua e crear redes entre euscaldúns.

Fonte: Ayuntamiento de Amorebieta-Etxano

País Vasco

O Concello de Samaniego convoca axudas para o estudo do éuscaro

Para poder beneficiarse destas axudas, cómpre levar empadroado/a no municipio, polo menos, un ano; ter máis de 16 anos e estar matriculado/a nun centro de ensino de éuscaro.

Fonte: Gaztea

País Vasco

O Concello de Laudio concede 103 bolsas para a aprendizaxe do éuscaro

O Concello de Laudio aboou os importes das 103 solicitudes presentadas á convocatoria de axudas para as bolsas de éuscaro do curso 2022-2023.

Fonte: Noticias de Álava

País Vasco

Segundo un informe, Google responde con resultados en castelán ás buscas en éuscaro

Segundo un informe do Observatorio Puntueus, o algoritmo de Google responde ás buscas de usuarios euscaldúns con resultados en castelán, o que supón unha exclusión para o éuscaro e unha redución da visibilidade desta lingua na rede.

Fonte: Onda Vasca

País Vasco

O Concello de Hondarribia convoca axudas para promover o uso do éuscaro

Estas axudas, que teñen asignado un orzamento de 37 600 euros, están destinadas a apoiar actividades que contribúan ao fomento do uso do éuscaro na sociedade.  

Fonte: Cadena SER

País Vasco

Unhas lentes de realidade virtual serviranlles aos profesionais do Servizo Vasco de Saúde para mellorar o seu éuscaro

Estas lentes de realidade virtual, desenvolvidas no Hospital Santa Marina de Bilbao, son, polo momento, só un prototipo e imitan situacións reais coas que os profesionais poden mellorar o seu éuscaro.

Fonte: EITB

País Vasco

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder