País Vasco
O Goberno vasco renova o convenio coas universidades para dotar de datos o Sistema de Indicadores do Éuscaro
O convenio, asinado polo Goberno vasco coa Universidade do País Vasco, a Universidade de Deusto e a Universidade de Mondragón para o período 2022-2055, busca seguir alimentando o Sistema de Indicadores do Éuscaro.
Fonte: Gobierno Vasco
As empresas de Azkoitia xa poden solicitar as axudas do municipio para os seus plans de éuscaro
O Concello de Azkoitia lembra que as empresas que deseñaron ou están a desenvolver un plan de éuscaro durante este ano poden solicitar as axudas municipais, que teñen un valor máximo de 2000 euros, ata o 31 de outubro.
Fonte: Noticias de Gipuzkoa
A comunidade educativa vasca pide que a nova lei de educación recolla un modelo xeneralizado en éuscaro
A maioría sindical do ensino vasco, así como outras entidades demandan que a futura lei de educación sitúe o éuscaro como lingua de ensinanza e aprendizaxe e apostan por un modelo lingüístico xeneralizado e inclusivo de maneira que se garanta a igualdade e a cohesión social.
Fonte: Noticias de Gipuzkoa
O Concello de Vitoria e o centro comercial El Boulevard asinan un convenio para impulsar o uso do éuscaro

Este convenio marco servirá para afianzar a colaboración entre ambas as entidades e o seu compromiso para impulsar o uso do éuscaro na cidade e no centro comercial. Para comezar, estase a realizar unha análise sobre a situación lingüística de El Boulevard.
Fonte: Norte Exprés
Intérpretes en lingua de signos denuncian no Parlamento Vasco a falta de profesionais para atender o alumnado xordo
Intérpretes en lingua de signos denuncian a falta de profesionais no seu sector, a baixa contratación e a carencia dun grao universitario que imparta lingua de signos para interpretar o éuscaro.
Fonte: El Diario
Preséntase o portal de audiovisuais pedagóxicos en éuscaro Ikusgela
Ikusgela é un proxecto especializado en vídeos explicativos, que se completan con contidos e materiais libres, cuxo obxectivo é incrementar a presenza do éuscaro na rede e completar a Wikipedia nesta lingua.
Fonte: Gobierno Vasco
O Goberno vasco subscribe un acordo para impulsar as producións audiovisuais en éuscaro

O Goberno vasco subscribiu un convenio de colaboración co Instituto da Cinematografía e das Artes Audiovisuais (ICAA) para promover as producións en éuscaro, así como a súa distribución.
Fonte: Deia
A Deputación Foral de Áraba fomenta o uso do éuscaro nas adegas

As adegas da Rioxa Arabesa e da comarca de Ayala contarán cun servizo de fomento do éuscaro ofrecido pola Deputación Foral ao abeiro do programa Lanabes, unha iniciativa para impulsar o uso desta lingua no ámbito empresarial e socioeconómico.
Fonte: Diputación Foral de Álava
Un estudo mostra que a mocidade de municipios euscaldúns consome maioritariamente contidos audiovisuais en castelán

A Mancomunidade de Municipios Vascos sinala no estudo El consumo audiovisual en los municipios euskaldunes que é urxente apostar pola creación de contidos audiovisuais en éuscaro, xa que os novos modelos de consumo das plataformas dixitais ou videoxogos están a repercutir nos hábitos lingüísticos da mocidade.
Fonte: El Correo
Volve a iniciativa Parketarrak para crear o hábito de xogar empregando o éuscaro
O programa de lecer en éuscaro destinado a nenas e nenos de 3 a 9 anos volve a partir do 4 de outubro ata o 2 de novembro. Parketarrak xa reuniu máis de 300 nenas e nenos e familias para mellorar a súa capacidade de comunicación en éuscaro e fomentar o uso desta lingua na rúa.
Fonte: Diario Vasco
Boletín
Subscríbase ao boletín