País Vasco
Navarra, País Vasco e Iparralde renovan o seu compromiso para seguir colaborando en temas de política lingüística

Os Gobernos de Navarra e o País Vasco e mais a Oficina Pública da Lingua Vasca asinaron o anexo de 2022 do Protocolo xeral para a promoción do éuscaro co que acordaron as actuacións para este ano en áreas como o ensino desta lingua a persoas adultas, o fomento do seu uso, a promoción do idioma ou o impulso de estudos sociolingüísticos.
Fonte: Gobierno Vasco
A Asociación de Farmacéuticos Euscaldúns e a Universidade do País Vasco subscriben un acordo para a promoción do éuscaro
Ambas as entidades colaborarán para fomentar o uso do éuscaro no ámbito da profesión farmacéutica e da farmacia comunitaria e para difundir entre o alumnado da Facultade de Farmacia a oferta formativa, as convocatorias de premios e outras accións de interese.
Fonte: Comunicae
O éuscaro é a lingua empregada en máis da metade das conversas das rúas de Tolosa

Segundo se desprende dos resultados da medición do uso das linguas na rúa de 2021, o uso do éuscaro incrementouse en Tolosa nos últimos 36 anos e alcanza case o 51 %, a porcentaxe máis alta desde que se realizan as medicións, e supera por vez primeira vez o castelán.
Fonte: Tolosako Udala
Unha nova web axudará a aprender de forma sinxela a lingua vasca

Partekatu é unha web para aprender éuscaro en liña e de xeito sinxelo. Contén decenas de artigos divididos en tres categorías que responden dúbidas sobre esta lingua: gramática, vocabulario e blog.
Fonte: Gasteiz Hoy
As instalacións do Athletic Club de Bilbao en Lezama acollen un torneo para impulsar o éuscaro

Trátase da primeira edición deste torneo cuadrangular no que participarán o Hamabi biscaíño, o Unión Tutera navarro, o Arranoak do País Vasco francés e o Aretxabaleta guipuscoano e que ten como obxectivo impulsar o uso do éuscaro.
Fonte: El Correo
Preséntase Elkargoak Euskaraz, unha iniciativa para impulsar o uso do éuscaro nos colexios profesionais

Elkargoak Euskaraz nace ao abeiro do proxecto BasquePRO para impulsar o uso do éuscaro nos colexios profesionais, o que supón unha oportunidade para unificar esforzos nos procesos de euscaldunización e promoción desta lingua.
Fonte: Gobierno Vasco
Nove de cada dez interinos da Administración vasca acreditaron o perfil de éuscaro do seu posto
Na Administración xeral do País Vasco, máis do 90 % do persoal interino acreditou o perfil lingüístico do seu posto, en función das características do servizo e o traballo que realizan, o que garante a correcta execución en éuscaro das súas funcións.
Fonte: El Diario
A Federación Guipuscoana de Fútbol presenta o seu Plan estratéxico do éuscaro

O Plan estratéxico do éuscaro é produto do compromiso da Federación Guipuscoana de Fútbol que, consciente da importancia do deporte para a transmisión da lingua, quere usar o seu liderado e o seu papel como referente para fomentar o seu uso nas relacións internas e externas, nos partidos e nos adestramentos.
Fonte: Noticias de Gipuzkoa
O Concello de Azkoitia subvencionará a aprendizaxe de éuscaro
O Concello de Azkoitia modificou as bases para outorgar axudas por aprender éuscaro co obxectivo de garantir a gratuidade.
Fonte: El Diario Vasco
Unha exposición itinerante mostrará a través de imaxes e gráficos textos xurídicos en éuscaro de relevancia histórica
O Parlamento vasco acollerá a primeira parada dunha exposición itinerante que mostrará a través de imaxes e gráficos textos xurídicos en éuscaro de relevancia histórica, do ámbito público e privado.
Fonte: Norte Exprés
Boletín
Subscríbase ao boletín