País Vasco
O Goberno vasco abre o prazo para presentar solicitudes á convocatoria Lanhitz para impulsar o éuscaro como lingua de traballo

Destinaranse 2 millóns de euros a subvencións para aumentar o uso e a presenza do éuscaro nos centros de traballo dos sectores privados ao longo do ano 2022.
Fonte: Gobierno Vasco
EITB comeza a rodar unha nova serie en éuscaro
EITB prepara unha nova serie en éuscaro, ambientada no mundo do surf, que se estreará en 2023. Estará formada por oito episodios protagonizados, entre outros, por Jon Plazaola, Nerea Mazo, Itziar Atienza, Jon Mendia e Nerea Garmendia.
Fonte: TVienes
O Goberno vasco convoca axudas para a produción de materiais escolares en éuscaro de niveis non universitarios
O Consello de Goberno aprobou unha orde pola que se convocan subvencións, ás que lles dedicará unha partida de 985 000 euros, para a produción de materiais escolares en éuscaro de niveis non universitarios.
Fonte: Deia
O Tribunal Superior de Xustiza de Cataluña denega a petición para que o curso se inicie cunha materia máis en castelán
O curso escolar comezará en Cataluña sen a obriga de impartir o 25 % das clases en castelán. O Tribunal Superior de Xustiza de Cataluña denegou a petición de establecer medidas cautelares para que o curso comece cunha materia máis nesa lingua.
Fonte: El País
O Concello de Donostia presenta unha campaña para impulsar a matriculación nos cursos de éuscaro
O Concello de Donostia e os euskaltegis e academias homologadas animan a cidadanía a matricularse nos cursos de éuscaro organizados para os próximos meses, dos que se ofrece unha ampla variedade para atender as diferentes necesidades e posibilidades.
Fonte: Noticias de Gipuzkoa
O Concello de Laudio subvenciona a aprendizaxe do éuscaro de 113 persoas
O Concello de Laudio destinou 21 635 euros para apoiar a aprendizaxe de éuscaro este curso de 113 persoas, que recibirán entre o 50 % e o 100 % do importe total do curso.
Fonte: Radio Llodio
Dúas curtametraxes en éuscaro optan por primeira vez ao Premio Nest do festival Zinemaldia

Despois de 21 edicións, o concurso internacional de curtametraxes de estudantes de cine incluirá, por primeira vez, dúas curtametraxes rodadas en éuscaro. O Premio Nest é concedido polo Zinemaldia e polo centro Tabakalera e, este ano, seleccionou 13 películas das 350 presentadas por 160 escolas de 44 países.
Fonte: Noticias de Gipuzkoa
Ábrese o período de matriculación para os cursos de éuscaro nos centros cívicos de Vitoria
O prazo de matriculación para os cursos de éuscaro do Concello de Vitoria-Gasteiz estará aberto do 5 ao 14 de setembro. Estes cursos van dirixidos a pais e nais, persoas maiores de 55 anos, persoas de orixe estranxeira e persoas empregadas nos sectores do comercio e da hostalería.
Fonte: La Vanguardia
O concurso Mihiluze volverá a EITB co éuscaro e o humor como ingredientes principais
Dez anos despois de que finalizase a súa emisión, o concurso Mihiluze volve á televisión vasca con importantes novidades, pero co mesmo obxectivo de xogar e divertirse co éuscaro.
Fonte: EITB
O Goberno vasco destina 2 millóns de euros a programas de reforzo lingüístico en centros educativos concertados

O Departamento vasco de Educación destinará o vindeiro curso 2 millóns de euros a subvencións para a posta en marcha de programas de reforzo lingüístico en centros de ensino concertados co obxectivo de paliar as dificultades comunicativas relacionadas co descoñecemento das dúas linguas oficiais, éuscaro e castelán.
Fonte: El Correo
Boletín
Subscríbase ao boletín