Xeral

O CSIC edita un calendario científico escolar de 2020 nas diferentes linguas do Estado

O Calendario científico escolar 2020, creado polo CSIC, vai dirixido ao alumnado de primaria e ESO e recolle en cada día do ano un aniversario científico ou tecnolóxico. Está dispoñible en internet para a súa descarga en castelán, galego, éuscaro, catalán e asturiano.

Fonte: Consello da Cultura Galega

Xeral

O Consello de Europa emite o seu informe sobre a situación das linguas minoritarias en España

Segundo o informe do Consello de Europa, España incumpre os seus compromisos europeos para preservar a riqueza lingüística. Así mesmo, realiza unha serie de recomendacións para que o Goberno español reforce o uso das linguas cooficiais na Administración central e garanta o dereito da cidadanía a utilizalas nos procesos xudiciais.

Fonte: The World News

Xeral

O Ministerio de Educación publica un informe sobre a ensinanza de linguas cooficiais, rexionais e minoritarias en España

O informe Eurydice analiza a ensinanza das linguas cooficiais, rexionais e minoritarias nas administracións educativas. En concreto, fálase da situación, na educación infantil e primaria, de galego, catalán, éuscaro, valenciano e aragonés.

Fonte: Lenguas de Aragón

Xeral

Preséntanse as novidades da 23.ª edición do dicionario da Real Academia Española

Aproveitando a celebración desta nova edición do Congreso da Asociación de Academias da Lingua Española, presentáronse as 1100 modificacións da 23.ª edición do Dicionario da lingua española, que inclúe 229 novos artigos, 88 novas acepcións e 284 emendas a acepcións existentes. 

Fonte: Real Academia Española

Xeral

Ponse en marcha unha campaña para reclamarlles aos gobernos que traballen pola unidade da lingua catalá

A campaña ‘Som 10 milions, som una llengua’ ten como obxectivo acabar cos intentos de fragmentación que está a sufrir o catalán, unha lingua que falan máis de 10 millóns de persoas en Andorra, España, Francia e Italia.

Fonte: Plataforma per la Llengua

Xeral

A Real Academia Española aproba a constitución da Academia Nacional do Xudeoespañol

O Pleno da RAE aprobou por unanimidade constituír esta Academia Nacional do Xudeoespañol en Israel, como culminación dun longo proceso de recoñecemento histórico, lingüístico e cultural.

Fonte: RAE

Xeral

O programa de profesorado de catalán no estranxeiro formou 350 docentes en 14 universidades

O programa de formación de futuro profesorado de catalán en universidades do exterior cumpre dez anos, un período no que 350 titulados e tituladas de 14 universidades se beneficiaron desta iniciativa, procedentes da Comunidade Valenciana, Cataluña e as illas Baleares.

Fonte: La Vanguardia

Xeral

Publícase o primeiro número da nova revista de Estudos de Linguas de Signos

O Centro de Normalización Lingüística da Lingua de Signos Española encargouse da edición e a publicación desta revista monográfica electrónica anual centrada no estudo lingüístico, pedagóxico, antropolóxico e literario das linguas de signos. 

Fonte: Tododisca

Xeral

A serie anime “Cells at Work!” terá subtítulos en galego, éuscaro e catalán

Coalise Estudio confirmou que a serie Cells at Work! incluirá o galego, o éuscaro e o catalán nos seus subtítulos, ademais do castelán, na primeira edición deste anime.

Fonte: Ramen Para Dos

Xeral

Solicitan o recoñecemento das linguas de signos española e catalá como oficiais na Constitución Española

A Confederación Estatal de Persoas Xordas realizou esta petición, que suporía a reforma do artigo 3 da Constitución Española. Ademais, reclaman a redacción dunha estratexia para o ensino, o uso e a promoción destas linguas, e que sexan recoñecidas pola Carta Europea de Linguas Minoritarias e que se inclúan en futuras lexislacións sobre igualdade e non discriminación lingüística.

Fonte: Servimedia

Xeral

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder