Xeral
O Ministerio de Cultura e Deporte apoia a tradución de libros españois

O Ministerio de Cultura e Deporte puxo en marcha o portal 'Books from Spain' para impulsar a tradución de obras españolas escritas en todas as linguas oficiais.
Fonte: La Moncloa
Un anuncio publicitario a nivel estatal dunha multinacional dinamarquesa fai mofa do acento galego
A empresa dinamarquesa Too Good to Go difundiu un anuncio publicitario no Estado español que causou indignación na rede social Twitter por facer uso do acento galego dun xeito desprezativo.
Fonte: Galicia Confidencial
Unha sentenza do Tribunal Supremo impídelles ás administracións valenciana, catalá e balear poder comunicarse en catalán
Unha sentenza do Tribunal Supremo (TS) non permite que as administracións valenciana, catalá e balear poidan comunicarse en catalán, pois considérase que o uso desta lingua ten un carácter "excluínte" sobre o castelán e vulnera a Constitución.
Fonte: Diario de Mallorca
O manifesto con motivo do Día Nacional das Linguas de Signos Españolas reivindica a presenza destas nas políticas públicas
A Confederación Estatal de Persoas Xordas reivindicou a presenza das linguas de signos española e catalá nas políticas públicas nun manifesto con motivo do Día Nacional das Linguas de Signos Españolas celebrado o 14 de xuño.
Fonte: El Bierzo Digital
Asínase un acordo institucional para a promoción do galego, o catalán, o éuscaro e o castelán

O Instituto Cervantes, o Institut Ramón Llull, o Etxepare Euskal Institutua e o Consello da Cultura Galega asinaron un convenio de colaboración para promover a nivel internacional as diferentes culturas e linguas propias do Estado español (galego, castelán, catalán e éuscaro).
Fonte: Consello da Cultura Galega
A RAE ensina lingua española a través de Instagram
A través da súa conta de Instagram, a Real Academia Española propón un novo reto para os días de confinamento. A través de xogos lingüísticos e tests, a institución pretende poñer a proba os coñecementos de persoas adultas e nenos en relación coa ortografía e a gramática da lingua española.
Fonte: Diario de Sevilla
Organizacións que traballan a prol das linguas minorizadas do Estado piden no Congreso o recoñecemento da igualdade lingüística

Representantes de organizacións que traballan en defensa do galego, o éuscaro, o aragonés, o asturiano ou o catalán presentaron o manifesto 'Igualdade lingüística: liberdade, pluralidade e democracia' para esixirlle ao Goberno que tome as medidas requiridas polo Consello de Europa en relación con estas linguas.
Fonte: La Vanguardia
Os gobernos de Cataluña, Comunidade Valenciana e Baleares reúnense para coordinar as súas políticas lingüísticas

Os responsables de Política Lingüística da Comunidade Valenciana, Cataluña e Baleares reuníronse en Barcelona para coordinarse e impulsar estratexias de fomento do uso do catalán en diferentes ámbitos, como o audiovisual, o sanitario ou o empresarial.
Fonte: La Vanguardia
Esíxenlle ao Goberno central que respecte a forma galega dos topónimos
O representante do BNG no Congreso dos Deputados denuncia que o Estado segue a incumprir a legalidade e non respecta a forma oficial dos topónimos galegos, como así o demostra a nova web da Mutualidade Xeral de Funcionarios Civís do Estado (Muface), adscrita ao Ministerio de Política Territorial e Función Pública.
Fonte: Galicia Confidencial
O Estado español mostra o seu interese en formar parte da Comunidade de Países de Lingua Portuguesa
O Ministerio de Asuntos Exteriores manifestou o interese do Estado español por ingresar como observador asociado na Comunidade de Países de Lingua Portuguesa, o que provocou un freo na candidatura da Xunta de Galicia para acceder a esta agrupación.
Fonte: Galicia Confidencial
Boletín
Subscríbase ao boletín