Xeral
O éuscaro, o aragonés e o occitano sentan as bases dunha rede de excelencia lingüística transpirenaica

Varias institucións políticas e académicas levan traballando os últimos tres anos no proxecto transfronteirizo Linguatec, unha cooperación que porá ao servizo do éuscaro, o aragonés e o occitano os últimos avances en intelixencia artificial.
Fonte: Swissinfo
O Goberno destaca a importancia das linguas de signos española e catalá como bens de patrimonio cultural inmaterial
O director xeral de Discapacidade do Ministerio de Dereitos Sociais anuncia que abrirá un expediente para declarar as linguas de signos española e catalá, e as súas expresións culturais, como bens de patrimonio cultural inmaterial. O obxectivo é garantir a súa difusión, documentación, investigación e preservación.
Fonte: El Plural
Xa está dispoñible para o público o Corpus da Lingua de Signos Española

O Centro de Normalización Lingüística da Lingua de Signos Española puxo a disposición da cidadanía este corpus que inclúe unha gran cantidade de textos signados que pretende servir de base para a investigación ou a formación.
Fonte: Servimedia
Varias entidades instan o Goberno español a garantir o uso das linguas cooficiais
Varias entidades sociais de defensa das linguas cooficiais, como A Mesa pola Normalización Lingüística, Kontseilua, Ciemen, Plataforma per la Llengua, Escola Valenciana, Acción Cultural del País Valenciá e Iniciativa pel Asturianu realizaron unha valoración conxunta da aprobación parcial no Congreso da proposición non de lei sobre a realidade plurilingüe e igualdade lingüística.
Fonte: Nós Diario
Un manifesto reclama a presenza do catalán en todos os ámbitos da vida pública
A plataforma Enllaçats per la Llengua, integrada por varias entidades en defensa do catalán, presentou un manifesto no que proclaman o dereito das persoas a vivir nesta lingua de maneira libre e plena.
Fonte: Última Hora
O Congreso aproba parcialmente unha proposición non de lei a prol da igualdade lingüística
Esta Proposición non de lei (PNL) recolle parte do manifesto "Igualdade lingüística: liberdade, pluralismo e democracia" que impulsaron diferentes entidades sociais de defensa das linguas do Estado.
Fonte: Consello da Cultura Galega
Dez formacións políticas subscriben un documento para reclamar a igualdade das linguas propias diferentes do castelán
Dez formacións políticas presentan no Congreso unha iniciativa que ten como obxectivo acadar o recoñecemento da realidade plurilingüe do Estado español, poñer fin á imposición do castelán e rematar con todo tipo de discriminación lingüística.
Fonte: Naiz
O Goberno central avala a política lingüística e o modelo de ensino de linguas da Xunta de Galicia
O Goberno central elaborou un informe, no que avala a política lingüística e o modelo de ensino de linguas implantado pola Xunta de Galicia, en resposta ás recomendacións do comité de ministros do Consello de Europa relativas á aplicación da Carta europea de linguas rexionais e minoritarias.
Fonte: Galicia Confidencial
A RAE presenta unha actualización do Corpus do Español do Século XXI
A RAE, en colaboración coa Asociación de Academias da Lingua Española, presentou unha nova actualización deste corpus que conta así con máis de 333 millóns de formas ortográficas, procedentes de textos escritos e de transcricións de textos orais.
Fonte: La Vanguardia
As academias galega, vasca e catalá reivindican a diversidade lingüística como riqueza

A Real Academia Galega, a Euskaltzaindia e o Institut d'Estudis Catalans fan pública unha declaración que ten como obxectivo contribuír a aclarar o debate público acerca da presenza das linguas na educación e no conxunto da realidade social.
Fonte: Real Academia Galega
Boletín
Subscríbase ao boletín