Xeral

Inditex e a RAE colaborarán na creación do dicionario histórico do castelán

Coa sinatura do convenio de colaboración para redactar o Diccionario histórico de la lengua española (DHLE), comeza unha nova etapa deste proxecto que contará co traballo de investigación de expertos na historia da lingua.

Fonte: Galicia Confidencial

Xeral

A RAE e o Goberno impulsan o proxecto Leia para mellorar o uso do español no desenvolvemento da intelixencia artificial

A Real Academia Española (RAE) e o Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital asinaron un convenio para impulsar o proxecto «Lengua Española e Inteligencia Artificial (LEIA)», co que se buscar mellorar o uso do español nos ámbitos en que se desenvolve a intelixencia artificial.

Fonte: Real Academia Española

Xeral

Rexístranse máis de 200 queixas por discriminación lingüística nas universidades de Cataluña, Baleares e Comunidade Valenciana

Segundo a análise realizada no primeiro cuadrimestre ao abeiro da campaña "La universitat, en català!", impulsada pola Plataforma per la Llengua, a FNEC, o SEPC e o BEA, o 58 % das queixas débese a cambios da lingua de docencia; o 24 %, por falta de materias en catalán; e o 18 %, por vulneración doutros dereitos lingüísticos.

Fonte: Plataforma per la Llengua

Xeral

O CSIC abre o prazo para presentar textos en galego, castelán, catalán ou éuscaro ao seu certame de relatos científicos

O prazo para a presentación de textos ao certame de relatos científicos Inspiraciencia permanecerá aberto ata o 22 de maio de 2022. Deberán estar escritos en galego, castelán, catalán ou éuscaro e abordar temas científicos. Como novidade, nesta edición haberá un premio especial para os relatos que traten sobre intelixencia artificial.  

Fonte: El Periodic

Xeral

Créase un “Tinder en éuscaro” co obxectivo de formar unha comunidade nesta lingua para coñecer xente

O espazo EginTril ten como obxectivo crear unha comunidade integramente en éuscaro, un 'Tinder vasco' pero que, a diferenza desta app de citas, non será unha a aplicación móbil, senón un Space de Twitter.

Fonte: El Diario

Xeral

Preséntase un estudo que analiza a influencia da iniciativa Euskaraldia nos hábitos lingüísticos dos participantes

Segundo un estudo sobre o impacto da segunda edición de Euskaraldia, celebrada no ano 2020, esta iniciativa afecta ao cambio de hábitos lingüísticos das persoas participantes, que experimentan, grazas ao proxecto, importantes avances no uso do éuscaro.  

Fonte: Gobierno de Navarra

Xeral

A oferta de contidos en catalán en Netflix apenas representa o 0,5 % do catálogo

Segundo un informe, a presenza do catalán en Netflix segue a ser escasa, apenas o 0,5 %, malia que nos dous últimos anos se duplicaron os contidos nesta lingua, ao pasar dos 3512 do 2020 aos 6034.

Fonte: La Vanguardia

Xeral

Cataluña, Baleares e Comunidade Valenciana apostan por reforzar o uso social do catalán

Catalunya Ràdio organizou unha mesa redonda sobre lingua na que participaron representantes dos gobernos de Galicia, País Vasco, Baleares, Comunidade Valenciana e Cataluña. As tres últimas apostan por formar unha fronte común para fomentar o uso do catalán, mentres que as dúas primeiras celebran a consolidación do galego e o éuscaro, respectivamente.  

Fonte: Valencia Plaza

Xeral

Publícase unha guía en varias linguas para dar a coñecer a situación do catalán no resto do mundo

Plataforma per la Llengua editou unha guía en inglés, francés e alemán para dar a coñecer a realidade lingüística do catalán. A publicación enviarase a máis de 240 puntos de todo o mundo, entre os que figuran universidades, delegacións catalás no estranxeiro ou entidades internacionais.

Fonte: Plataforma per la Llengua

Xeral

O Instituto Cervantes comprométese co ensino das linguas cooficiais

O Instituto Cervantes comprometeuse coa promoción das linguas cooficiais de España, co avance na dixitalización e coa súa implantación en novos países, segundo avanzou o seu director nunha rolda de prensa na que fixo alusión aos retos desta institución.  

Fonte: Instituto Cervantes

Xeral

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder