Xeral

A RAE determina que o adverbio “solo” se poderá acentuar se quen escribe cre que existe risco de ambigüidade

Tras a polémica suscitada pola acentuación do adverbio solo, a Real Academia Española celebrou un pleno no que se decidiu ratificar a modificación da redacción da norma para establecer que a colocación do acento queda “a xuízo de quen escribe”.

Fonte: El País

Xeral

A CNSE insta a incorporar a lingua de signos en calquera política

Co gallo da celebración do Día Mundial da Audición, a Confederación Estatal de Persoas Xordas (CNSE) reclama a incorporación da lingua de signos a políticas, programas e servizos encamiñados ao coidado auditivo e alerta do risco de privación lingüística que afecta a este colectivo.

Fonte: Servimedia

Xeral

Anúlanse dúas convocatorias de oposicións da Comisión Europea despois de que España denunciase a exclusión do castelán

O Tribunal de Xustiza da Unión Europea confirma a ilegalidade das dúas convocatorias de oposicións da Oficina Europea de Selección de Persoal que limitan ao inglés, francés e alemán a elección do segundo idioma como condición lingüística e como lingua de comunicación entre os candidatos e a oficina, despois de que España e Italia reclamasen a súa anulación.

Fonte: La Voz de Asturias

Xeral

O Goberno español destina 7,5 millóns de euros a asegurar a presenza do galego, o éuscaro e o catalán no ámbito dixital

Tres proxectos aspiran a asegurar a presenza das linguas cooficiais no mundo dixital (AINA para o catalán, NÓS para o galego e GAITU para o éuscaro) grazas aos fondos europeos do PERTE da Nova Economía da Lingua. Para levalos a cabo, deben construír uns corpus lingüísticos, tanto escritos como orais, antes do 31 de decembro de 2025.

Fonte: Diario de Mallorca

Xeral

Google Translate permite a tradución ao éuscaro sen necesidade de conexión a internet

Google anunciou que acaba de expandir a funcionalidade de tradución sen conexión a 33 novas linguas, entre elas, o éuscaro, co obxectivo de poder traducir textos sen necesidade de conectarse a internet.

Fonte: 20minutos

Xeral

Segundo o INE, existen no resto de España 28 cidades que contan con, polo menos, un 1 % de falantes de galego

O estudo do INE, realizado en 2021, inclúe unha listaxe das linguas que fala máis do 1 % da poboación dos municipios españois con máis de 50 000 habitantes e o resultado é que en 28 se supera o 1 % de persoas que saben falar galego. Ponferrada é a cidade de maior porcentaxe e Madrid a de maior número.

Fonte: El Español

Xeral

A FundéuRAE outorga o título de palabra do ano en español á expresión “inteligencia artificial”

A palabra gañadora deste 2022, que en realidade é unha expresión complexa, é inteligencia artificial, escollida pola FundéuRAE de entre doce candidatas: apocalipsis, criptomoneda, diversidad, ecocidio, gasoducto, gigafactoría, gripalizar, inflación, inteligencia artificial, sexdopaje, topar e ucraniano.

Fonte: FundéuRAE

Xeral

Preséntanse as novidades do dicionario da Real Academia Española que introduce un total de 3152 modificacións

A Real Academia Española (RAE) presentou a actualización 23.6 do Diccionario de la lengua española (DLE), que inclúe 3152 novidades: novas incorporacións de termos, supresións e emendas de artigos xa existentes.

Fonte: Real Academia Española

Xeral

Unha nova edición do InformeCAT recolle datos sobre a situación actual do catalán en todo o dominio lingüístico

Plataforma per la Llengua publica a undécima edición do InformeCAT, con datos sobre o estado do catalán en Cataluña, as illas Baleares e a Comunidade Valenciana. No estudo analízanse variables como a transmisión lingüística interxeracional ou o cambio dos catalanfalantes ao castelán cando alguén lles fala nesta lingua.

Fonte: Plataforma per la Llengua

Xeral

A comunidade xorda e xordocega pide que se respecten os seus dereitos lingüísticos

A comunidade xorda e xordocega sinalou que para que se respecten os seus dereitos lingüísticos se debe incrementar a presenza pública da lingua de signos, así como a súa protección legal e administrativa.  

Fonte: Servimedia

Xeral

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder