Xeral
O catalán xa está dispoñible na voz do navegador Google Maps

Google Maps activou o catalán como lingua dispoñible na voz do navegador, tanto para Android como para iOS, xa que ata agora a oferta lingüística da aplicación se limitaba ao texto.
Fonte: La Vanguardia
A Confederación Nacional de Persoas Xordas reivindica o recoñecemento das linguas de signos españolas
Co gallo da celebración do Día Nacional das Linguas de Signos Españolas, a CNSE demanda a aprobación da lei que recoñece estas linguas e regula os medios de apoio á comunicación oral das persoas xordas.
Fonte: Fuentes Informadas
A editorial Rubio presenta a súa colección de cadernos escolares en éuscaro para as vacacións

A colección “Oporrak Euskara”, de exercicios escolares para o verán en éuscaro, completa a oferta da editorial en todas as linguas cooficiais de España. Con estes cadernos, proponse tarefas de investigación, innovación e experimentación dirixidas ao alumnado do último curso de Educación Infantil ata 5.º de Primaria, para que poñan en práctica os seus coñecementos e se divirtan durante as vacacións.
Fonte: NIUS
Ponse en marcha unha campaña para que Nintendo, PlayStation e Xbox incorporen o catalán nas súas videoconsolas

Plataforma per la Llengua puxo en marcha esta campaña para conseguir que as consolas e as plataformas dixitais de videoxogos incorporen o catalán na interface gráfica.
Fonte: El Nacional
A Unión Astronómica Internacional designa dous sistemas planetarios con nomes en éuscaro e catalán

A estrela coñecida como GJ 486 e o seu planeta pasarán a denominarse coas palabras en éuscaro Gar e Su, mentres que o sistema de WASP-166 recibirá os nomes de Filetdor e Catalineta, da tradición oral mallorquina.
Fonte: The Objective
A maior parte das cadeas hoteleiras non ofrece a súa páxina web en catalán
A Plataforma per la Llengua sinala que os principais grupos hoteleiros con sede social no dominio lingüístico catalán non ofrecen a súa páxina web nesta lingua.
Fonte: VilaWeb
Unha experta en intelixencia artificial ingresa na Real Academia Española
Asunción Gómez-Pérez, experta en intelixencia artificial e linguaxe ingresou na Real Academia Española para ocupar a cadeira q. A nova académica sinalou no seu discurso os retos que afectarán ao uso do español no mundo dixital e a necesidade de que a RAE poña a disposición da intelixencia artificial os seus materiais.
Fonte: Real Academia Española
A plataforma musical Spotify incorpora o galego e o éuscaro

Spotify está dispoñible en once novas linguas, o que eleva o número total de idiomas a 74, entre as que se incorporan o galego e o éuscaro.
Fonte: El Progreso
A VII Enquisa Sociolingüística de Euskal Herria reflicte un escenario sociolingüístico dispar dos territorios onde se fala éuscaro

Esta enquisa amosa a situación actual do éuscaro no País Vasco, Navarra e Iparralde e reflicte unha imaxe moi desigual nestes tres territorios: estabilidade na Comunidade Autónoma Vasca, unha lixeira melloría na Comunidade Foral e un empeoramento paulatino no País Vasco francés.
Fonte: Noticias de Navarra
A creación dunha macrorrexión atlántica pode supoñer unha oportunidade para as linguas minoritarias
A Real Academia da Lingua Vasca-Euskaltzaindia considera que a creación dunha macrorrexión atlántica debe aproveitarse para darlles visibilidade e revitalizar as linguas minorizadas como o galego, o asturiano, o éuscaro, o occitano ou o bretón.
Fonte: Deia
Boletín
Subscríbase ao boletín