Xeral

Un informe recolle 113 casos de discriminación lingüística por parte das Administracións nos territorios onde se fala catalán

O informe anual de Plataforma per la Llengua de 2023 documenta un incremento significativo nos casos de discriminación lingüística contra falantes de catalán, con 113 casos rexistrados, fronte aos 25 de 2018. A maioría das discriminacións ocorren en administracións autonómicas, especialmente nos servizos sanitarios. O informe sinala a falta de mecanismos efectivos para garantir os dereitos lingüísticos e a ausencia de requisitos xeneralizados de coñecemento do catalán entre o funcionariado como causas principais deste problema.

Fonte: Plataforma per la Llengua

Xeral

A RAE publica unha nova 'Crónica da língua española' dedicada á mestizaxe e á interculturalidade

A Real Academia Española (RAE) publicou Crónica de la lengua española 2023-2024 que está dedicada al mestizaje y a la interculturalidad.

Fuente: Diario de Cádiz

Xeral

«Dragon Ball Z Kai» estréase en España con dobraxe en galego, catalán, éuscaro e castelán

SelectaVisión adquire os dereitos para distribuír «Dragon Ball Z Kai» en España. Os primeiros catro episodios poderán verse en cines o 20 de xuño en formato 16:9 e con dobraxe en castelán, catalán, galego e éuscaro.

Fonte: Madavenue

Xeral

Reclaman medidas de accesibilidade lingüística para que as persoas xordas poidan usar a lingua de signos

A Confederación Estatal de Persoas Xordas (CNSE) pediu medidas de accesibilidade lingüística para que as persoas xordas poidan usar libremente a lingua de signos, recibir educación e ser atendidas nela.

Fonte: Siglo XXI

Xeral

As asociacións de escritores en galego, catalán e éuscaro reclaman maior protección para as súas linguas

As asociacións de escritores en galego, catalán e éuscaro, que integran a Federación Galeusca, asinaron a Declaración de Palma na que demandan protección e promoción para estas tres linguas.

Fonte: El Nacional

Xeral

Segundo o Anuario de cultura dixital 2024, a oferta de contidos dixitais nas linguas minoritarias ou cooficiais é bastante limitada

Segundo este anuario, elaborado por Acción Cultural Española, no ámbito audiovisual son escasos os contidos en linguas minoritarias, malia que a directiva europea de medios audiovisuais obriga os países da UE a garantir unha oferta de, polo menos, un 30 %.

Fonte: Galicia Confidencial

Xeral

O Goberno español organiza un encontro para a posta en marcha dun modelo de linguaxe en castelán e no resto de linguas cooficiais

No marco da Estratexia de Intelixencia Artificial 2024, celebrouse unha primeira xuntanza das entidades implicadas no Convenio de Gobernanza para Xerar Modelos e Corpus para unha infraestrutura pública de Modelos de Linguaxe na que asinaron un convenio.

Fonte: La Moncloa

Xeral

Publícase o primeiro libro da historia escrito integramente en sefardí

Por primeira vez publícase un libro escrito integramente en serfardí, o idioma que fala esta comunidade e que está considerado pola Unesco como unha lingua en grave risco de desaparición e que leva por título El espanyol sefardí.

Fonte: EFE

Xeral

O Goberno español e IBM asinan un acordo para desenvolver chatbots que falen galego, éuscaro e catalán

Este acordo servirá para que a multinacional IBM desenvolva modelos de intelixencia artificial que entendan e xeren textos en galego, éuscaro e catalán.  

Fonte: Diario Tecnología

Xeral

Convócase o concurso para a adxudicación do contrato dos servizos de tradución, interpretación, transcrición e subtitulado para o Congreso

A Mesa do Congreso convocou o concurso para a adxudicación dun contrato, cuxo prezo máximo se fixou en 12,5 millóns de euros ata 2027, de servizos de tradución, interpretación, transcrición e subtitulado en directo ao castelán das intervencións que se realicen en linguas cooficiais na Cámara Baixa.

Fonte: Galicia Confidencial

Xeral

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder