Xeral

A RAE chega a TikTok para achegar o coñecemento do español de xeito atractivo

A Real Academia Española estreou unha conta en TikTok (@RAE.informa) para achegar o coñecemento do español a un público novo mediante vídeos dinámicos e adaptados ás tendencias dixitais. A través deste formato, resolverá dúbidas lingüísticas, divulgará curiosidades do idioma e mostrará o seu patrimonio cultural e histórico. Este novo perfil súmase ás súas redes sociais existentes, como Twitter, Facebook e YouTube, para manter o seu compromiso coa difusión do español con rigor e proximidade.

Fonte: Real Academia Española

Xeral

A Asociación de Tradución e Adaptación Audiovisual de España premia por primeira vez a tradución en galego, catalán e éuscaro

A Asociación de Tradución e Adaptación Audiovisual de España (ATRAE) premiou as mellores traducións en catalán, éuscaro e galego na súa XII edición, co obxectivo de destacar a diversidade lingüística no ámbito audiovisual.

Fonte: Siglo XXI

Xeral

Os gobernos vasco e navarro estudan espazos de colaboración en relación co éuscaro

Representantes de ambos os executivos mantiveron un encontro en Pamplona para afondar nos desafíos e colaboracións conxuntas arredor do éuscaro e destacaron a necesidade de promover o uso desta lingua entre as novas xeracións a través do impulso de proxectos transfronteirizos e estruturas como o Hiruko Ituna. Este acordo aspira a potenciar a política lingüística e a diversidade cultural, con especial atención á mocidade e ás novas tecnoloxías.

Fonte: Gobierno Vasco

Xeral

O Ministerio de Política Territorial e Memoria Democrática anuncia un plan de formación de linguas oficiais para persoal da Administración Xeral do Estado

O ministro de Política Territorial, Ángel Víctor Torres, anunciou un plan de formación en linguas oficiais para mil funcionarios da Administración Xeral do Estado en seis comunidades autónomas, co obxectivo de mellorar a atención ao público nas súas linguas propias. Ademais, avanzou a tradución dos contidos da sede electrónica do seu ministerio ás linguas cooficiais. Torres destacou a importancia de preservar a diversidade lingüística e subliñou o avance nos dereitos lingüísticos no Congreso e a solicitude para que as linguas españolas sexan oficiais na UE.

Fonte: Galicia Confidencial

Xeral

O Comité de Expertos do Consello de Europa detecta lagoas na protección das linguas minoritarias en España

O Comité de Expertos da Carta Europea de Linguas Rexionais ou Minoritarias do Consello de Europa destaca que, malia o bo sistema de protección lingüística en España, persisten carencias, sobre todo na xustiza, a administración estatal e os servizos públicos. A escasa aplicación das linguas minoritarias nestes ámbitos preocupa, especialmente pola baixa dispoñibilidade de persoal capacitado e o incumprimento nos procedementos xudiciais. Ademais, os conflitos coas sentenzas sobre o uso do castelán na educación crean dificultades para cumprir os compromisos desta Carta.

Fonte: Consello de Europa

Xeral

Os dominios .gal, .cat e .barcelona rebaixan os seus prezos co gallo da celebración do Día Europeo das Linguas

Os dominios .gal, .cat e .barcelona lanzan unha promoción conxunta para celebrar o Día Europeo das Linguas, ofrecendo rexistros a un prezo reducido ata o 11 de outubro. Esta iniciativa ten como obxectivo poñer en valor a diversidade lingüística e cultural de Europa, e evidenciar así que representan case doce millóns de falantes.

Fonte: .Gal

Xeral

O chatbot de intelixencia artificial de Microsoft incorpora o catalán entre as súas opcións

O catalán xa figura entre as opcións de Microsoft Copilot, o chatbot de intelixencia artificial de Microsoft, que incorporou tamén o galés.

Fonte: El Nacional

Xeral

Un estudo alerta da escasa presenza do catalán nos estudos universitarios

Un estudo de Plataforma per la Llengua revela que só un 11,45 % das materias dos mestrados nas universidades dos Países Cataláns se imparte en catalán, fronte ao 57,24 % en castelán e o 31,31 % en inglés. No caso dos graos, un 45 % dos grupos utiliza o catalán. A internacionalización favorece maiormente o castelán, especialmente en universidades como a UPF e a UV, onde o catalán ten unha presenza anecdótica.

Fonte: Diari de la Llengua

Xeral

Impulsan a Declaración de Prada, un documento que insta á mobilización a prol da lingua catalá

A Declaración de Prada insta a mobilizarse pola defensa do catalán ante a que consideran unha "emerxencia lingüística". Asinada por 27 personalidades, o documento promove nove accións urxentes, como falar catalán con todos e consumir cultura nesta lingua. Tamén demanda a reciprocidade dos medios de comunicación en catalán e a plena garantía dos dereitos lingüísticos en ámbitos públicos. A iniciativa conta co apoio de destacadas figuras de todo o territorio lingüístico catalán.

Fonte: Diari de la Llengua

Xeral

Un informe recolle 113 casos de discriminación lingüística por parte das Administracións nos territorios onde se fala catalán

O informe anual de Plataforma per la Llengua de 2023 documenta un incremento significativo nos casos de discriminación lingüística contra falantes de catalán, con 113 casos rexistrados, fronte aos 25 de 2018. A maioría das discriminacións ocorren en administracións autonómicas, especialmente nos servizos sanitarios. O informe sinala a falta de mecanismos efectivos para garantir os dereitos lingüísticos e a ausencia de requisitos xeneralizados de coñecemento do catalán entre o funcionariado como causas principais deste problema.

Fonte: Plataforma per la Llengua

Xeral

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder