Xeral

O galego, o catalán e o éuscaro poderán utilizarse no Congreso

A presidenta do Congreso anunciou, durante o seu primeiro discurso, que permitirá o uso do galego, o catalán e o éuscaro na Cámara Baixa.

Fonte: Deia

Xeral

A Fundación BBVA presenta a nova edición do «Diccionario del español actual»

A Fundación BBVA presentou a terceira edición do Diccionario del español actual, que xa está dispoñible en liña e que recolle o léxico documentado en España durante os últimos 73 anos.

Fonte: Fundéu

Xeral

As universidades de Cataluña, Comunidade Valenciana e Baleares reciben preto de 90 queixas por discriminación lingüística

A campaña 'La universitat, en català!'' recibiu 88 queixas por discriminacións lingüísticas na universidade no curso 2022-2023, a maioría en Cataluña.

Fonte: El Nacional

Xeral

A Cámara de Comercio de España colaborará na elaboración do novo Dicionario da Lingua Española

A Cámara de Comercio de España e a Fundación pro Real Academia Española asinaron un acordo de colaboración que permitirá sacar adiante diferentes proxectos entre os que destaca o novo Dicionario da Lingua Española.

Fonte: Economía Digital

Xeral

O Consello de Ministros aproba un regulamento que rexe as condicións de uso da lingua de signos española

O Goberno de España aprobou en Consello de Ministros o regulamento das condicións de uso da lingua de signos española e dos medios de apoio á comunicación oral para persoas xordas, con discapacidade auditiva e xordocegas.

Fonte: Europa Press
 

Xeral

Segundo un informe, o 65 % da poboación de Cataluña, Baleares e a Comunidade Valenciana considera que fala ben o catalán

Segundo o InformeCAT que publica anualmente Plataforma per la Llengua, o 95 % da poboación de Cataluña, a Comunidade Valenciana e as illas Baleares considera que fala ben o castelán, porcentaxe que baixa ata o 65,1 % no caso do catalán.

Fonte: El Periódico

Xeral

O catalán incorpórase ao proxecto AudioPaLM impulsado por Google, que permitirá traducións automáticas de voz a voz

Google acaba de presentar AudioPaLM, unha ferramenta que permitirá desenvolver aplicacións concretas de recoñecemento de voz e mesmo tradución de voz a voz e na que o catalán ten soporte de primeiro nivel polo seu elevado nivel de recursos.

Fonte: Generalitat de Catalunya

Xeral

O catalán xa está dispoñible na voz do navegador Google Maps

Google Maps activou o catalán como lingua dispoñible na voz do navegador, tanto para Android como para iOS, xa que ata agora a oferta lingüística da aplicación se limitaba ao texto.

Fonte: La Vanguardia

Xeral

A Confederación Nacional de Persoas Xordas reivindica o recoñecemento das linguas de signos españolas

Co gallo da celebración do Día Nacional das Linguas de Signos Españolas, a CNSE demanda a aprobación da lei que recoñece estas linguas e regula os medios de apoio á comunicación oral das persoas xordas.

Fonte: Fuentes Informadas

Xeral

A editorial Rubio presenta a súa colección de cadernos escolares en éuscaro para as vacacións

A colección “Oporrak Euskara”, de exercicios escolares para o verán en éuscaro, completa a oferta da editorial en todas as linguas cooficiais de España. Con estes cadernos, proponse tarefas de investigación, innovación e experimentación dirixidas ao alumnado do último curso de Educación Infantil ata 5.º de Primaria, para que poñan en práctica os seus coñecementos e se divirtan durante as vacacións.

Fonte: NIUS

Xeral

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder