Xeral
Organízanse colonias de verán para nenas e nenos do tres territorios onde se fala éuscaro

Os Gobernos vasco e navarro e o Organismo Público do Éuscaro organizan colonias de verán para nenas e nenos de entre 9 e 15 anos de todos os territorios onde se fala esta lingua. O obxectivo desta iniciativa é que utilicen o éuscaro na comunicación diaria fóra do ámbito escolar e en contextos lúdicos.
Fonte: Gobierno Vasco
O Goberno español presentaralles un novo documento sobre a oficialidade do galego, o catalán e o éuscaro aos seus socios europeos
Este novo documento sobre a oficialidade do catalán, o éuscaro e o galego presentarase na reunión que celebrarán os países da Unión Europea en Bruxelas o vindeiro 19 de marzo.
Fonte: EuroEFE
Segundo un estudo, o catalán é a lingua minoritaria con maior presenza nas plataformas de streaming
Un estudo analizou durante cinco anos a situación das linguas rexionais nas plataformas dixitais en 30 países europeos, concretamente, en Netflix, Amazon Prime e Disney+, e conclúe que a oferta de linguas minorizadas é moi escasa e desigual.
Fonte: El Nacional
O catalán sitúase como unha das linguas máis utilizadas en internet

O catalán entrou na clasificación das 40 linguas máis utilizadas en internet, elaborada polo consorcio internacional World Wide Web Consortium (W3C), na que se sitúa no posto 35, cun 0,1 % de uso.
Fonte: El Nacional
España desenvolverá un modelo de intelixencia artificial adestrado en todas as linguas oficiais

O presidente do Goberno anunciou en Barcelona o desenvolvemento dun gran modelo fundacional de linguaxe de intelixencia artificial adestrado especificamente en español e no resto de linguas cooficiais, en código aberto e transparente.
Fonte: Código Cero
O Consello de Ministros anuncia que a lingua de signos será considerada patrimonio cultural inmaterial
As expresións culturais vinculadas á cultura xorda e á lingua de signos española incluiranse na lista de patrimonio cultural inmaterial como manifestación representativa, unha decisión que implica que o Estado se vai comprometer coa súa salvagarda e protección.
Fonte: Servimedia
O 65 % da mocidade cre que o catalán é útil para o éxito do seu futuro profesional
Segundo unha enquisa, a maioría da poboación de Cataluña (o 70,3 %) considera que o catalán é útil para o éxito profesional, unha porcentaxe que descende lixeiramente entre a de Baleares (57,1 %) e a da Comunidade Valenciana (56,2 %).
Fonte: Ara
O Ministerio de Cultura incluirá o aragonés e o asturiano na súa programación
O ministro de Cultura sinalou que incluirá o aragonés e o asturiano na programación do seu departamento e mostrou a súa vontade de difundir e protexer a diversidade cultural e lingüística de España.
Fonte: La Voz de Asturias
O éuscaro só estivo presente no 2,5 % dos filmes que se estrearon en 2023
O éuscaro tivo unha presenza do 2,48 % nas salas de cine comerciais en 2023, o que significa que das 563 películas estreadas o pasado ano, só 14 se emitiron en versión orixinal en éuscaro, ou dobradas ou subtituladas nesta lingua.
Fonte: EITB
Preséntase o percorrido da Korrika de 2024, a carreira a prol do éuscaro que durará once días

A Korrika, que percorrerá 2700 quilómetros, comezará en Irún o 14 de marzo e finalizará en Baiona o 24 do mesmo mes.
Fonte: EITB
Boletín
Subscríbase ao boletín