Xeral

Convócase un concurso para fomentar a colaboración entre persoas e entidades dedicadas á creación de contidos en catalán e occitano

A Eurorrexión Pireneos Mediterráneo abre a convocatoria da terceira edición do concurso CREAOCCAT, dirixido a creadores de contido nas redes sociais en catalán e occitano, cun formato novo que fomenta a colaboración transfronteiriza. O concurso, que estará aberto ata o 30 de outubro de 2025, busca reforzar os vínculos culturais e lingüísticos entre Cataluña, as Illas Baleares e a Rexión de Occitania.

Fonte: Generalitat de Catalunya

Xeral

Reclaman a incorporación do ensino do aragonés e do asturiano ás escolas oficiais de idiomas

CHA e Sumar solicítanlle ao Goberno español a incorporación do aragonés e do asturiano nas ensinanzas das Escolas Oficiais de Idiomas, co obxectivo de facilitar a súa aprendizaxe e certificación. Propoñen modificar o Real Decreto 1041/2017 para incluír explicitamente estas linguas recoñecidas polas comunidades autónomas ou pola Carta Europea das Linguas Rexionais ou Minoritarias.

Fonte: Aragón Digital

Xeral

A Conferencia Episcopal Española publica en galego, catalán e éuscaro as lecturas para a celebración da eucaristía

A Conferencia Episcopal Española publica estas lecturas en galego catalán e éuscaro co obxectivo de facilitarlles a eucaristía ás persoas que falen esta linguas. Únense así a outros idiomas xa publicados, como o inglés, o alemán, o italiano e o francés, que irán aumentando nas vindeiras semanas.

Fonte: Conferencia Episcopal Española

Xeral

Preséntase a primeira serie que se rodará nas catro linguas oficiais do Estado

As televisións públicas de Euskadi (EITB), Cataluña (3CAT) e Galicia (TVG) uníronse para crear Pensión Incompleta, a primeira serie gravada nas catro linguas oficiais do Estado. A coprodución, que se presentou no marco do foro Conecta Fiction & Entertainment, mesturará galego, éuscaro, catalán e castelán como linguas orixinais e ten previsto o seu lanzamento en 2026.

Fonte: CRTVG

Xeral

Unha campaña denuncia as barreiras lingüísticas que afrontan as persoas xordas

A Confederación Estatal de Persoas Xordas (CNSE) lanzou unha campaña audiovisual para visibilizar as barreiras que as persoas xordas afrontan cando non teñen acceso á súa lingua natural. Con motivo do Día Nacional das Linguas de Signos Españolas, a campaña destaca como a falta de accesibilidade lingüística en áreas como o traballo, a sanidade e a educación xera exclusión e discriminación. Por iso, reivindica o recoñecemento das linguas de signos como un dereito fundamental e esixe medidas para mellorar a súa presenza en servizos públicos e no patrimonio cultural.

Fonte: Servimedia

Xeral

Un dicionario recolle máis de cinco mil acepcións que o fútbol achegou ao español

O filólogo José del Olmo recolleu máis de cinco mil acepcións que o fútbol incorporou ao castelán nun dicionario que salienta a influencia deste deporte na lingua. A obra destaca termos e expresións de uso cotián, a súa polisemia e o seu traslado á sociedade, co que evidencia lagoas no rexistro da RAE. O traballo, editado polo CIHEFE, constitúe unha valiosa achega ao estudo do léxico futbolístico e á súa evolución lingüística.

Fonte: Fundéu

Xeral

A Real Academia Española organiza un maratón de datos do proxecto Leia

A Real Academia Española organiza un datatón en liña, do 23 ao 30 de abril de 2025, co obxectivo de mellorar o sistema automático de clasificación das consultas lingüísticas do proxecto Lingua Española e Intelixencia Artificial (LEIA). A actividade está dirixida a estudantes de Filoloxía Hispánica e a especialistas en lingua, que deberán categorizar preguntas segundo diferentes criterios lingüísticos e contribuír así a adestrar a intelixencia artificial que xestiona as consultas á RAE.

Fonte: RAE

Xeral

O proxecto Alia busca fortalecer o uso do castelán e das linguas cooficiais na intelixencia artificial

O Goberno español anunciou Alia, unha IA pública e aberta, adestrada en castelán e linguas cooficiais, co obxectivo de reforzar a soberanía tecnolóxica, reducir a dependencia de modelos estranxeiros e democratizar o acceso á IA. Desenvolvida polo Barcelona Supercomputing Center, busca impulsar a innovación en sectores clave como a administración, a investigación e a saúde.

Fonte: Silicon

Xeral

Lanzan unha convocatoria para seleccionar documentais televisivos en catalán

RTVE, La Xarxa e 3Cat lanzan unha convocatoria conxunta para seleccionar documentais en catalán, que serán coproducidos e emitidos polas tres corporacións. A iniciativa busca fomentar a produción audiovisual nesta lingua, apoiar a industria e promover contidos de calidade. O orzamento total ascende a 470.000 euros, cun aumento significativo respecto a anos anteriores.

Fonte: RTVE

Xeral

Xa se poden rexistrar no Congreso iniciativas exclusivamente en galego, catalán e éuscaro

O Congreso dos Deputados permite xa rexistrar iniciativas exclusivamente en galego, catalán ou éuscaro, sen necesidade de achegar unha versión en castelán. O recoñecemento progresivo do uso destas linguas cooficiais implicou investimentos en medios técnicos e na contratación de servizos de interpretación, transcrición e subtitulado.

Fonte: La Voz de Galicia

Xeral

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder