Xeral

Plataforma per la Llengua organiza un concurso para a creación de xogos de catalán

Máis de 1500 alumnas/os de 28 escolas diferentes participan na novena edición dun concurso no que elaborarán xogos para aprender aspectos da cultura, a lingua e as tradicións do dominio lingüístico catalán.

Fonte: Plataforma per la Llengua

Xeral

A Cámara Alta destina arredor de 750 000 euros a tradutores de catalán, éuscaro, galego e valenciano

O Senado licitou un contrato por un importe máximo de 756 000 euros para os servizos de tradución e interpretación das intervencións que se realicen en galego, éuscaro, catalán e valenciano durante as sesións parlamentarias desta Cámara.

Fonte: Galicia Confidencial

Xeral

"Polarización" é para a Fundéu a Palabra do Ano 2024 en castelán

A Fundación do Español Urxente (Fundéu), promovida pola Real Academia Española e a Axencia EFE, escolleu "polarización" como Palabra do Ano 2023 en lingua castelá. Esta voz, cuxo uso se estendeu nos últimos anos, está presente no dicionario da RAE desde o ano 1884.

Fonte: Fundéu

Xeral

A Real Academia Española presenta a nova actualización do seu dicionario que inclúe 4381 novidades

Trátase da actualización 23.7 do dicionario, que incorpora novos termos, novas acepcións e emendas de entradas xa existentes e supresións. Porén, a principal novidade é a inclusión por primeira vez da consulta de sinónimos e antónimos.

Fonte: Real Academia Española

Xeral

A Real Academia Nacional de Medicina de España presenta un dicionario de termos médicos

Trátase do primeiro dicionario panhispánico de termos médicos, que inclúe un total de 70 000 palabras e que contou coa participación das academias de trece países.

Fonte: Infobae

Xeral

Segundo un informe, as queixas lingüísticas nos territorios de fala catalá incrementáronse un 443 % desde 2016

Plataforma per la Llengua recibiu en 2022 un total de 2145 queixas sobre discriminacións lingüísticas, das cales o 38,8 % facía referencia ao sector público, fronte ao 61,2 % referidas ao sector privado.

Fonte: Plataforma per la Llengua

Xeral

A campaña de fomento da lectura de revistas en catalán alcanza o medio milleiro de subscricións en menos dun mes

Baixo o lema «Som més fortes que la censura», esta campaña para fomentar a lectura de revistas en catalán, que estará en vigor ata finais de ano, naceu en resposta aos ataques á lingua e ás publicacións neste idioma.

Fonte: Diari Més

Xeral

Ponse en marcha unha campaña para recompilar voces que lles aprendan éuscaro ás novas tecnoloxías

O gobernos vasco e navarro, e mais o Organismo Público do Éuscaro impulsan unha campaña que, baixo o lema "Unamos as nosas voces – Batu ditzagun gure ahotsak", anima a cidadanía a entrar no portal gaitu.eus e gravar a súa voz para ensinarlles éuscaro ás máquinas e ás novas tecnoloxías.

Fonte: Gobierno Vasco

Xeral

O Congreso aproba por maioría absoluta o uso do galego, o catalán e o éuscaro na Cámara Baixa

O Congreso dos Deputados aprobou por maioría absoluta o uso das linguas cooficiais en toda a actividade parlamentaria grazas a unha reforma do seu regulamento. Isto permitiu que o galego fose a lingua que abriu a primeira sesión plenaria desta lexislatura.

Fonte: EFE

Xeral

Lanzan unha campaña para demandarlles aos estados que voten a favor da oficialidade do catalán na UE

Baixo o lema «Say yes», a Plataforma per la Llengua puxo en marcha unha campaña para solicitarlles aos estados que voten a favor da oficialidade do catalán na UE.

Fonte: La Vanguardia

Xeral

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder