Xeral
O IX Viquimarató de la llengua catalana dedícase este ano ás películas e series en catalán

Entre o 18 e o 25 de novembro celébrase o IX Viquimarató de la llengua catalana, unha iniciativa impulsada pola Generalitat de Catalunya e Amical Wikimedia, xunto cos gobernos de todos os territorios de fala catalá.
Fonte: Generalitat de Catalunya
Máis da metade de xuíces en prácticas desexaría aprender catalán, galego ou éuscaro

Segundo un estudo do Consello Xeral do Poder Xudicial, o 53 % dos 161 xuíces en prácticas mostra interese en recibir clases dalgunha lingua cooficial, fronte ao 37,42 % que non está disposto. A maioría deles, 67, inclínase polo catalán, 35 polo galego, 23 polo valenciano e 12 polo éuscaro.
Fonte: The Objective
O concurso Arnasetik premia traballos sobre os hábitos lingüísticos do alumnado dos municipios euscaldúns

O concurso está organizado pola Mancomunidade de Municipios Euscaldúns, coa colaboración dos gobernos vasco e navarro co obxectivo de facer reflexionar sobre os hábitos lingüísticos dos adolescentes das localidades onde o éuscaro é a lingua principal de uso social.
Fonte: Irekia
A Eurorrexión Pireneos-Mediterráneo organiza un concurso para fomentar o uso do catalán e o occitano nas redes sociais

Esta entidade de cooperación territorial, da que forman parte os gobernos das illas Baleares, Cataluña e a rexión de Occitania, organiza un concurso dirixido á xente nova, de entre 16 e 30 anos, que impulse o uso das linguas occitana e catalá en proxectos visibles en internet.
Fonte: Generalitat de Cataluya
A Confederación Estatal de Persoas Xordas reivindica a promoción e a protección das linguas de signos e da súa comunidade lingüística

O presidente da CNSE denuncia a falta de concienciación e os prexuízos que aínda existen sobre as linguas de signos e como estes problemas afectan as persoas que as utilizan. Por este motivo, piden políticas públicas que garantan os seus dereitos lingüísticos en todas as etapas e ámbitos da vida e propoñen a inclusión destas linguas no artigo 3 da Constitución Española, ao mesmo nivel que as demais linguas do Estado.
Fonte: Servimedia
O Goberno español solicítalle á Eurocámara que permita o uso do galego, o catalán e o éuscaro nos plenos
O Goberno remitiulle unha carta ao Parlamento Europeo para solicitarlle que permita usar o galego, o catalán e o éuscaro nos plenos e que estas linguas se equiparen ao resto dos idiomas oficiais que empregan as eurodeputadas e eurodeputados.
Fonte: La Vanguardia
Os iPhone con iOS 16 xa poden ler textos en galego, catalán, valenciano e éuscaro

Unha das novidades de iOS 16 é que o sistema pode ler contidos en idiomas cooficiais como catalán, éuscaro, galego e valenciano. De momento, o que desenvolveu Apple son as voces básicas nestas linguas para poder ler texto a persoas que necesiten esa función de accesibilidade.
Fonte: Applesfera
Os partidos da Segunda División española van poder seguirse nas linguas cooficiais
A canle LaLiga SmartBank TV ofrecerá a opción de acceder á narración e aos comentarios das retransmisións dos partidos de fútbol da Segunda División da tempada 2022-2023 en todas as linguas cooficiais.
Fonte: Asturies.com
España presentará unha solicitude oficial para que se poida usar o catalán na Eurocámara
España ten a intención de presentar unha solicitude oficial para que o catalán se converta nunha lingua máis de uso no Parlamento Europeo. Posteriormente, podería ampliar esta solicitude a outras linguas como o galego ou o éuscaro, se os gobernos das respectivas comunidades autónomas así o demandan.
Fonte: Sport
Seis entidades financeiras anuncian a creación de espazos para falar en éuscaro

As entidades financeiras que van crear espazos para o uso do éuscaro son as seguintes: Bankoa-Abanca, BBVA, Caixabank, Caja Rural de Navarra, Kutxabank e Laboral Kutxa. Comprométense, así mesmo, a incrementar o emprego desta lingua coa clientela e a participar na terceira edición de Euskaraldia.
Fonte: Noticias de Gipuzkoa
Boletín
Subscríbase ao boletín