Xeral

As linguas galega, vasca e catalá contarán cun informe bianual sobre a súa situación

O Consello da Cultura Galega, o Instituto Ramon Llull, o Instituto Vasco Extepare e o Instituto Cervantes acordaron realizar un informe bianual sobre o estado das linguas galega, vasca e catalá, para o que constituirán unha comisión técnica de traballo.

Fonte: La Región

Xeral

Segundo un estudo do Clúster de Sociolingüística, o emprego do éuscaro no País Vasco, Navarra e Iparralde incrementouse case un 2% desde 1989

Segundo un estudo sobre o uso do éuscaro en todos os territorios onde se fala esta lingua, o seu emprego incrementouse un 1,8 % desde 1989 e sitúase no 12,6 %. Por franxas de idade, aumentou entre a poboación infantil e por capitais, é Donostia a que conta cunha maior porcentaxe de euscaldúns.

Fonte: Deia

Xeral

Varias organizacións consideran insuficiente a nova Lei do audiovisual para garantir a igualdade entre as diferentes linguas do Estado

Representantes de organizacións de comunidades con linguas cooficiais emitiron un comunicado conxunto no que lembran as súas propostas para que a nova Lei do audiovisual recoñeza a pluralidade lingüística como principio básico e iguale contidos e porcentaxes mínimas en todas estas linguas.

Fonte: Galicia Confidencial

Xeral

Convócase unha manifestación en Donostia en favor do éuscaro

A manifestación, programada para o día 21 de maio, está motivada pola iniciativa Euskara Aurrera (O éuscaro cara a adiante), presentada por un grupo de mozos e mozas que mostran a súa preocupación polas dificultades que aínda existen para poder vivir plenamente nesta lingua.

Fonte: Noticias de Navarra

Xeral

A Universidade Nebrija e a Fundación Antonio de Nebrija crean un observatorio do español

O Observatorio Nebrija do Español (ONE) nace para estudar esta lingua en relación coas migracións, os fluxos económicos e a cultura. O seu papel na selección de destino dos inmigrantes, o impacto económico, social e artístico das feiras de arte contemporánea en español ou o seu estudo na industria audiovisual son exemplos das investigacións que se levarán a cabo e que se darán a coñecer ao público a través da publicación regular de documentos de traballo ou artigos en revistas especializadas, entre outros.

Fonte: COPE

Xeral

Nace un novo xornal dixital sobre empresa e economía en éuscaro

O xornal económico catalán VIA Empresa lanza un novo diario económico e empresarial en éuscaro, EnpresaBidea, un xornal dixital feito "en e para" Euskal Herria con redaccións en Bilbao e San Sebastián.

Fonte: Crónica Vasca

Xeral

Inditex e a RAE colaborarán na creación do dicionario histórico do castelán

Coa sinatura do convenio de colaboración para redactar o Diccionario histórico de la lengua española (DHLE), comeza unha nova etapa deste proxecto que contará co traballo de investigación de expertos na historia da lingua.

Fonte: Galicia Confidencial

Xeral

A RAE e o Goberno impulsan o proxecto Leia para mellorar o uso do español no desenvolvemento da intelixencia artificial

A Real Academia Española (RAE) e o Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital asinaron un convenio para impulsar o proxecto «Lengua Española e Inteligencia Artificial (LEIA)», co que se buscar mellorar o uso do español nos ámbitos en que se desenvolve a intelixencia artificial.

Fonte: Real Academia Española

Xeral

Rexístranse máis de 200 queixas por discriminación lingüística nas universidades de Cataluña, Baleares e Comunidade Valenciana

Segundo a análise realizada no primeiro cuadrimestre ao abeiro da campaña "La universitat, en català!", impulsada pola Plataforma per la Llengua, a FNEC, o SEPC e o BEA, o 58 % das queixas débese a cambios da lingua de docencia; o 24 %, por falta de materias en catalán; e o 18 %, por vulneración doutros dereitos lingüísticos.

Fonte: Plataforma per la Llengua

Xeral

O CSIC abre o prazo para presentar textos en galego, castelán, catalán ou éuscaro ao seu certame de relatos científicos

O prazo para a presentación de textos ao certame de relatos científicos Inspiraciencia permanecerá aberto ata o 22 de maio de 2022. Deberán estar escritos en galego, castelán, catalán ou éuscaro e abordar temas científicos. Como novidade, nesta edición haberá un premio especial para os relatos que traten sobre intelixencia artificial.  

Fonte: El Periodic

Xeral

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder