España
Cataluña, Valencia e as Illas Baleares queren seguir colaborando en materia de política lingüística
Representantes das Generalitats de Cataluña e da Comunidade Valenciana e do Goberno das Illas Baleares reúnense en Barcelona co fin de dar un novo pulo á colaboración en materia de política lingüística a prol da lingua catalá
Fonte: Generalitat de Cataluña
A Deputación de Guipúscoa quere que o éuscaro sexa lingua de traballo preferente

A Deputación de Guipúscoa acaba de aprobar o seu VI Plan de Normalización do Uso do Éuscaro co obxectivo de que esta lingua se converta en idioma de traballo preferente en todos os ámbitos da institución.
Fonte: El Diario Vasco
Segundo o Instituto Cervantes o español goza de boa saúde mais debe adaptarse aos cambios que supón o uso da internet
Os expertos participantes no I Curso de Verán que o Instituto Cervantes celebra en Madrid certificaron a boa saúde da lingua española no mundo mais defenderon a necesidade de que a lingua se adapte aos retos actuais que supón o uso da internet.
Fonte: El Universal
Lingüistas dos cursos de verán de español para estranxeiros da Universidade de Salamanca defenden o carácter panhispánico do español
Os lingüistas participantes da LV edición dos Cursos Internacionais de Verán de Lingua e Cultura Españolas da Universidade de Salamanca defenderon no acto de presentación a condición panhispánica dunha lingua que naceu en España pero que non pertence en exclusiva a este país.
Fonte: La Vanguardia
O 8 % das prazas da Oferta Pública de Emprego en Saúde e Administración Núcleo de Navarra terá o éuscaro como requisito
A Oferta Pública de Emprego (OPE) extraordinaria incluirá 80 prazas, dun total de 996, con requisito de coñecemento de éuscaro, o que supón unha porcentaxe do 8,03 % do total.
Fonte: Noticias de Navarra
Nace unha plataforma en defensa da lingua asturiana na Educación Infantil
A plataforma, formada por familias con fillas e fillos que cursan o segundo ciclo de Educación Infantil, denuncia o incumprimento de moitos centros de Asturias no que respecta á materia de lingua asturiana nesta etapa educativa.
Fonte: InfoAsturies
Nace Muvicat, unha nova aplicación de cinema en catalán
A aplicación Muvicat baséase nos datos da Dirección Xeral de Política Lingüística da Generalitat de Cataluña e permite consultar os filmes, as sesións e as salas de cine onde se exhiben películas en catalán.
Fonte: Generalitat de Catalunya
Un estudo conclúe que as axudas destinadas ao ámbito musical en Cataluña non benefician a música en catalán

A Plataforma pola Lingua realizou o estudo Les xifres canten que constata que Cataluña está á cola nas axudas á lingua propia no ámbito musical con respecto a comunidades lingüísticas semellantes.
Fonte: Plataforma per la Llengua
O Goberno de Aragón destina 30 000 euros á Universidade de Zaragoza para fomentar a investigación en linguas minoritarias
O Goberno de Aragón e a Universidade de Zaragoza asinaron un convenio de colaboración para a constitución da cátedra Johan Ferrández d’Heredia de Linguas Propias de Aragón e Patrimonio Inmaterial Aragonés cuxa finalidade é afondar no seu coñecemento científico.
Fonte: El Periódico de Aragón
A Universidade Pompeu Fabra edita unha revista dedicada exclusivamente á lingüística das linguas de signos
A revista Formal and Experimental Advances in Sign language Theory recompila os traballos do congreso FEAST, dedicado á investigación en lingüística formal e experimental de linguas de signos, no que se difunde o proxecto europeo SIGN-HUB que fomenta o patrimonio lingüístico, histórico e cultural das comunidades xordas de Europa.
Fonte: La Vanguardia
Boletín
Subscríbase ao boletín