España
O éuscaro contará como mérito para acceder a un posto na Administración na zona non vascófona de Navarra
O Executivo foral traballa para que nas convocatorias de postos de traballo para a Administración na zona non vascófona o éuscaro conte como mérito, igual que acontece co inglés, o francés e o alemán.
Fonte: Navarra.com
A Real Academia da Lingua Vasca convértese na máxima institución do éuscaro no País Vasco francés
A Real Academia da Lingua Vasca-Euskaltzaindia será a máxima institución oficial do éuscaro no País Vasco francés, como en Euskadi e en Navarra, logo da sinatura dun convenio coa Mancomunidade Única de Iparralde, Elkargoa.
Fonte: ABC
Elaboran a primeira terminoloxía do audiovisual en lingua de signos catalá
O Centro Recreativo Cultural de Xordos (CERECUSOR) elaborou a primeira terminoloxía do audiovisual en lingua de signos catalá acompañada dun Glosario audiovisual básico en formato vídeo que inclúe 300 termos.
Fonte: Generalitat de Catalunya
O TERMCAT elabora a versión en catalán de dúas novas normas UNE
O Centro de Terminoloxía TERMCAT elaborou a versión en catalán de dúas normas técnicas, un traballo que se enmarca no acordo establecido coa Asociación Española de Normalización (UNE) e o convenio asinado entre a Deputación de Barcelona e a Generalitat de Catalunya para fomentar o uso do catalán no ámbito empresarial.
Fonte: Generalitat de Catalunya
Piden que a nova lei foral declare o éuscaro como lingua propia de Navarra
Representantes de Euskaltzaindia pediron no Parlamento que a nova lei foral se asente no principio de que o éuscaro é lingua propia de Navarra e que se elimine a actual zonificación lingüística.
Fonte: Diario de Navarra
Denuncian que varios centros educativos se negan a impartir clases de asturiano en Infantil
O Sindicato Unitario e Autónomo de Traballadores da Ensinanza de Asturias, Suatea, denunciou varios casos de centros que lle denegaron as clases de asturiano ao alumnado de Educación Infantil. Critica, ademais, que soamente corenta centros de Asturias ofrecen esta lingua na devandita etapa educativa.
Fonte: El Comercio
O Concello de Barakaldo incrementa as axudas ao éuscaro
O Concello de Barakaldo incrementou en 10 000 euros as axudas para as persoas que estudaron éuscaro nos centros homologados por Habe durante o curso pasado.
Fonte: 20minutos
Os euskaltegis vascos sumarán preto de 35.000 alumnos e alumnas
O Goberno vasco aumentou un 44 % o orzamento das axudas para sufragar as matrículas do alumnado dos 103 euskaltegis (centros de ensinanza do éuscaro) da comunidade. Con esta medida esperan acadar preto de 35 000 matrículas, que superarían ás 34 225 do ano pasado. Dende 1986, 460 000 cidadáns estiveron matriculados nalgún momento nos euskaltegis.
Fonte: Deia
Medra un 445 % o número de persoas que estudan catalán nas escolas de idiomas
O catalán foi o idioma que máis aumentou en número de matrículas no ano 2017, ao pasar de 757 a 3368 estudantes en toda España. Malia este aumento, o éuscaro segue a ser a lingua cooficial con máis matrículas nas escolas oficiais de idiomas, con 8146 persoas matriculadas. Estes datos foron publicados polo Ministerio de Educación e Formación Profesional.
Fonte: El Confidencial
A Generalitat e o Consello de Colexios de Avogados de Cataluña renovan a súa colaboración para impulsar o uso do catalán
O Departamento de Cultura e o Consello dos Ilustres Colexios de Avogados de Cataluña (CICAC) renovaron o seu convenio de colaboración para poñer en marcha durante o ano 2018 accións de impulso do uso do catalán no ámbito da avogacía.
Fonte: Generalitat de Catalunya
Boletín
Subscríbase ao boletín