España

O profesorado das escolas oficiais de idiomas, artes e conservatorios necesitará un nivel C1 de valenciano

Segundo a orde do Diario oficial da Comunidade, a Consellería de Educación prevé establecer como requisito lingüístico ter o nivel C1 de valenciano para o corpo de profesores e catedráticos das escolas oficiais de idiomas, as de Artes Plásticas e Deseño, de Música e Artes Escénicas.

Fonte: El Periódico Mediterráneo

Comunidade Valenciana

O Concello navarro de Orkoien ofrecerá actividades en éuscaro

O Concello de Orkoien ofrecerá actividades culturais e deportivas en éuscaro, tanto para persoas adultas, para as que haberá zumba, TRX ou ciclo indoor; como para os cativos, con pelota, natación... Así mesmo, ofertaranse actividades con grupos bilingües.

Fonte: Pamplona Actual

Navarra

O Goberno de Navarra contrata servizos de tradución do éuscaro ao castelán e viceversa

O Goberno de Navarra, a través de Euskarabidea, contratará para os vindeiros catro anos, por un importe de 860 000 euros, servizos de tradución do éuscaro ao castelán e viceversa.

Fonte: Navarra.com

Navarra

A Consellería de Educación de Asturias celebra a segunda edición do Premio Nel Amaro do Teatro Profesional en asturiano e galego-asturiano

Nesta edición do Premio Nel Amaro poderán participar obras de compañías profesionais que xa se estrearon, tanto en versión orixinal ou adaptadas noutras linguas.

Fonte: El Búscolu

Asturias

O conselleiro de Cultura do Goberno vasco quere impulsar o uso do éuscaro na Administración

O conselleiro vasco de Cultura recorda que un 70% do persoal da Administración ten un determinado nivel de éuscaro e o obxectivo e que o use no ámbito laboral.

Fonte: ABC

País Vasco

Celébrase por vez primeira o Día das Linguas de Estremadura

O pasado 18 de agosto celebrouse o I Día das Linguas de Estremadura co obxectivo de poñer en valor o patrimonio lingüístico desta comunidade. A esta cita acudiron representantes de colectivos defensores das diferentes modalidades lingüísticas estremeñas: o portugués, o 'extremeñu' e a fala.

Fonte: El Periódico de Extremadura

Estremadura

A comarca aragonesa do Bajo Cinca pon en marcha un programa para fomentar a lectura en catalán

A comarca aragonesa do Bajo Cinca asinou un acordo co Departamento de Educación, Cultura e Deporte do Goberno aragonés, polo cal recibirá unha subvención de 5000 euros para financiar actividades de promoción e dinamización social e cultural da lingua catalá.

Fonte: Heraldo

Aragón

O Goberno de Navarra destina 629 997 euros a axudas para fomentar o uso do éuscaro nos medios de comunicación

O Goberno de Navarra destina unha serie de axudas para fomentar o uso do éuscaro na prensa escrita, as radios e os medios de comunicación en liña. Segundo o Instituto Navarro do Éuscaro, un total de 24 beneficiarios cumpren os requisitos para recibilas.

Fonte: La Vanguardia

Navarra

Handia podería converterse no primeiro film rodado en éuscaro en chegar aos premios Óscar

Handia é a película en éuscaro máis vista da historia. Conseguiu dez dos trece premios Goya aos que estaba nomeada e agora competirá por chegar aos Óscar na categoría de Mellor película de fala non inglesa.

Fonte: Play Ground

País Vasco

A festa de San Miguel, en Gavà, estará dedicada este ano á lingua catalá

Gavà celebra, no Castelo de Eramprunya, a festividade de San Miguel que este ano está dedicada á lingua catalá no marco do 150 aniversario do nacemento de Pompeu Fabra.

Fonte: El Periódico

Cataluña

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder