España
A Universidade Católica San Antonio de Murcia impartirá tradución e linguas modernas nun grao integrado
O alumnado que curse Tradución e Interpetación na Universidade Católica San Antonio de Murcia (UCAM) poderá obter, tras só un ano máis de formación, a titulación de Linguas Modernas.
Fonte: La Verdad
A Dirección Xeral de Política Linüística da Generalitat apoia a dobraxe ao catalán dun novo filme de animación
Varias salas de cinema de toda Cataluña estrearán o filme noruegués <em>Vaixells</em> dobrado ao catalán grazas ao apoio da Dirección Xeral de Política Lingüística do Departamento de Cultura da Generalitat de Cataluña.
Fonte: Generalitat de Catalunya
A RAG participa na constitución do Padroado de Honra do Centenario da Academia da Lingua Vasca

A RAG, representada polo seu presidente, Víctor Freixanes, participou en Bilbao na Constitución do Padroado de Honra do Centenario da Academia da Lingua Vasca ou Euskaltzaindia. Na súa intervención, o presidente da RAG avogou pola necesidade dun posicionamento común a prol da pluralidade lingüística do Estado español recoñecida constitucionalmente.
Fonte: RAG
A Universidade de Salamanca presenta un portal web sobre o ensino de linguas estranxeiras
En colaboración con outras universidades de fóra do Estado español, a Universidade de Salamanca presentou o portal web multilingüe FOCO co fin de buscar solucións aos problemas identificados no uso das novas tecnoloxías no ensino de linguas.
Fonte: Noticias Cyl
O censo de entidades para a promoción do catalán acada a cifra de 214
Un total de 214 asociacións e entidades de Cataluña están incluídas no Censo de entidades para o fomento da lingua catalá, un 8 % máis que o ano precedente.
Fonte: Generalitat de Catalunya
Unha web achega unha ferramenta electrónica a persoas xordas
A Fundación CNSE para a Supresión das Barreiras de Comunicación puxo a disposición dos colexios unha páxina web en lingua de signos para poder facilitar ás persoas xordas o uso da ferramenta Google Docs.
Fonte: La Vanguardia
A RAE avalía a incorporación de novos termos no seu dicionario
A Comisión de Neoloxismos da Real Academia Española (RAE) está avaliando a incorporación de novos termos no seu dicionario. Un dos novos vocábulos admitidos é a palabra “finde”.
Fonte: El País
Nace unha nova revista sobre a lingua española
Nace a revista <em>Archiletras</em> como un medio de comunicación en liña e impreso sobre a lingua española. Consistirá nun sitio web e dúas revistas en papel.
Fonte: El Diario
O presidente da Academia da Lingua Asturiana recoñece a individualidade do asturiano e da fala
Xosé Antón González Riaño, presidente da Academia da Lingua Asturiana (ALLA) declarou que tanto o galego-asturiano ou “fala” falado na comarca de Navia-Eo como o bable son dúas linguas equiparables de Asturias.
Fonte: La Nueva España
Castela e León fusiona lingua e cultura para proxectalas internacionalmente
A directora xeral de Políticas Culturais da Xunta de Castela e León, Mar Sancho, anunciou a alianza entre a lingua española e a industria cultural co fin de promocionalas no estranxeiro e dinamizar o sector da cultura.
Fonte: La Vanguardia
Boletín
Subscríbase ao boletín