España
O número de inscritos nos cursos de catalán da Generalitat aumenta este ano
Nos cursos presenciais de catalán do Consorcio para a Normalización Lingüística crecen un 4,5% as inscricións. Un 65,5% delas corresponde a cursos de nivel inicial básico, dirixidos a persoas con poucos o ningún coñecemento da lingua catalá.
Fonte: La Vanguardia
O Concello de Soraluze pon en marcha un programa para impulsar a presenza do éuscaro no sector comercial
O Concello de Soraluze, a través do programa Euskera Merkatarizara, quere fomentar o uso do éuscaro nos establecementos comerciais e coñecer cal é a situación desta lingua no sector.
Fonte: Diario Vasco
O Goberno vasco destinará 1 650 000 euros a apoiar o uso e a presenza do éuscaro nas empresas
O Departamento de Cultura e Política Lingüística intenta que as empresas deseñen e xestionen os seus propios plans de éuscaro para fomentar o uso desta lingua.
Fonte: Finanzas.com
O Goberno balear pon en marcha unha iniciativa para dar a coñecer o catalán entre os turistas

O Goberno balear quere dar a coñecer a lingua catalá entre os turistas nos hoteis do arquipélago, para o cal se editarán unhas tarxetas de presentación, en nove idiomas, nas que se incluirá vocabulario básico do catalán.
Fonte: ABC
O Departamento de Educación do Goberno de Navarra quere fomentar os graos universitarios en éuscaro
O Departamento de Educación sinala como obxectivo do multilingüismo fomentar os graos universitarios en éuscaro e inglés cun tratamento integrado de linguas (TIL).
Fonte: Noticias de Navarra
Pídenlle ao Goberno das Baleares que actúe ante o aumento de denuncias por discriminación lingüística no arquipélago
A Obra Cultural Balear (OCB) solicitoulle á presidenta do Goberno das illas que actúe ante o incremento de denuncias relacionadas coa discriminación lingüística que recibiron nos últimos meses.
Fonte: 20minutos
A Generalitat Valenciana e o Instituto Cervantes promoverán a lingua e a cultura valencianas no mundo
Ambas as institucións asinaron un convenio para a realización de actividades culturais que mostren a riqueza e a diversidade cultural desta comunidade no resto de España así como noutros países.
Fonte: 20minutos
O Goberno vasco convoca axudas para a elaboración de materiais curriculares en éuscaro
O Goberno vasco aprobou unha orde pola que se convocan axudas para a elaboración de materiais curriculares en éuscaro destinados ao profesorado por un importe de 125 000 euros.
Fonte: El Diario
O novo Goberno de Pedro Sánchez domina todas as linguas oficiais do Estado español
As catro linguas rexionais do Estado español, o galego, o éuscaro, o catalán e o valenciano estarán representadas no equipo de goberno de Pedro Sánchez. Polo menos un ministro ou ministra do novo executivo domina unha destas linguas ademáis do español e nalgúns casos do inglés.
Fonte: El Correo
A Universidade de Sevilla ofertará o Grao de Turismo en español e inglés
A Universidade de Sevilla ofertará por primeira vez o Grao en Turismo na súa modalidade bilingüe inglés-español.
Fonte: 20 minutos
Boletín
Subscríbase ao boletín