España

O Concello de San Sebastián ofrece cursos gratuítos de éuscaro para persoas desempregadas

Entre os días 3 e 21 de setembro as persoas desempregadas de San Sebastián poderán inscribirse nos cursos gratuítos de éuscaro organizados polo concello que comezarán a impartirse o 8 de outubro.

Fonte: La Vanguardia

País Vasco

Un de cada tres estudantes no País Vasco suspende a materia de éuscaro

Segundo o diagnóstico sobre a evolución do éuscaro en 2017, o nivel desta lingua entre o alumnado descendeu 10 puntos desde 2010, o que supón que suspende esta materia un de cada tres estudantes.

Fonte: El Correo

País Vasco

Piden que poida utilizarse o catalán na publicidade de Twitter

Unha iniciativa popular, posta en marcha a través da plataforma change.org, reclama que se poida empregar o catalán na publicidade de Twitter.

Fonte: Generalitat de Catalunya

Cataluña

Catro centros poderán usar o éuscaro no IX Torneo de Debate de Bacharelato que se organiza en Navarra

A Universidade Pública de Navarra e o Parlamento foral organizan o o IX Torneo de Debate de Bacharelato os días 26 e 27 de outubro no que, por primeira vez, ata catro centros poderán debater en éuscaro, fronte aos 16 que poderán facelo na modalidade en castelán. 

Fonte: Navarra.com

Navarra

A Deputación de Valencia organiza un curso sobre linguaxe inclusiva dirixido ao funcionariado

A Unidade de Normalización Lingüística ofrécelle ao funcionariado a posibilidade de participar nun curso no que se explicarán estratexias para mellorar os textos escritos a través dunha linguaxe inclusiva.

Fonte: La Vanguardia

Comunidade Valenciana

Segundo unha enquisa, o 37 % da poboación da Comunidade Valenciana prefire falar en valenciano

Segundo unha enquisa, realizada pola Generalitat Valenciana en colaboración coa Universidade de Valencia, o 62 % da poboación prefire falar en castelán, fronte a un 37 % que se decanta polo valenciano.

Fonte: Les Muntanyes

Comunidade Valenciana

Un 16,31% do profesorado interino non acreditou o nivel mínimo de valenciano

Segundo o sindicato UXT, baseándose en datos da Consellería de Educación, un 16,31 % do funcionariado interino carece de requisito lingüístico, o que significa que non acreditou o nivel mínimo de valenciano esixido para o seu posto.

Fonte: El Mundo

Comunidade Valenciana

Canarias quere regular as particularidades do español que se fala no arquipélago

A reforma do Estatuto de Canarias reivindicará unha identidade colectiva, lingüística e cultural propia do arquipélago, de maneira que a Administración autonómica se encargaría de regular as particularidades do español que se fala nas illas e tería competencia exclusiva sobre o patrimonio cultural canario.

Fonte: Diario de Avisos

 

Illas Canarias

O Concello de Cocentaina fomenta o uso do valenciano no ámbito comercial

O Concello de Cocentaina puxo en marcha unha campaña chamada Troballengua. Trátase dun directorio web que inclúe comercios e profesionais que utilizan o valenciano. O Consistorio entregaralles a uns 90 establecementos selos de calidade que indican que neles entenden os clientes que falan nesta lingua.

Fonte: Información

Comunidade Valenciana

Organízanse na comarca navarra de Sakana talleres de éuscaro dirixidos a monitores deportivos

A Mancomunidade de Sakana organiza talleres de éuscaro para os monitores deportivos os días 7 e 8 de setembro. Estas actividades enmárcanse no proxecto Kirola euskaraz que ten como obxectivo impulsar o uso desta lingua no ámbito deportivo.

Fonte: Noticias de Navarra

Navarra

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder