España

O Tribunal Superior de Xustiza de Cataluña rexeita que o catalán deba utilizarse en todas as actividades de acollida matinal

O Tribunal Superior de Xustiza de Cataluña nega que a Generalitat poida condicionar o outorgamento de subvencións ás asociacións de nais e pais para realizar servizos de acollida matinal nas escolas e garderías públicas a que "todas" as actividades que se realizan durante esa franxa extraescolar deban facerse exclusivamente en catalán.

Fonte: La Vanguardia

A edición en catalán de El Periódico de Catalunya obtén o Premi Nacional de Premsa

A Generalitat de Catalunya distinguiu a edición catalá de El Periódico de Catalunya co Premi Nacional de Premsa como recoñecemento aos seus 10 anos de traxectoria, nos que a empresa editora deste medio demostrou "a viabilidade técnica e económica" de manter o proxecto informativo do diario en dúas linguas diferentes.

Fonte: El Periódico de Catalunya

A Consellería de Educación valenciana convoca cursos de valenciano para os empregados públicos da Generalitat

A Consellería de Educación valenciana convocou os cursos de promoción de coñecementos de valenciano correspondentes á campaña 2008-2009 dirixidos a funcionarios e empregados públicos non docentes da Generalitat.

Fonte: Europa Press

O 80 % dos institutos de Valencia encérrase en protesta por impartir Cidadanía en inglés

A convocatoria de "encerros nocturnos" en todos os institutos públicos valencianos en protesta pola imposición de ter que dar e recibir a versión inglesa de Educación para a Cidadanía ideada pola Generalitat Valenciana estendeuse como un regueiro de pólvora e foi secundada nun 80 % dos institutos de referencia valencianos por todos os estamentos educativos: alumnos, pais e profesores.

Fonte: El País

O conselleiro de Educación de Cataluña afirma que o catalán é a lingua franca nas aulas

O conselleiro de Educación, Ernest Maragall, afirmou no Parlamento que o catalán é a lingua franca que se usa dentro das aulas de Cataluña. O conselleiro dixo isto cando lle preguntaron polo último estudo lingüístico do Consello Superior de Avaliación do Sistema Educativo de Cataluña sobre o idioma que usan os alumnos de cuarto de secundaria. Segundo o documento, a lingua de entendemento na hora do patio é o castelán.

Fonte: Europa Press

O Goberno balear esixirá títulos de catalán ao seu persoal sanitario

O Goberno balear atreveuse a levar a cabo unha ameaza que era vox populi: o persoal sanitario deberá aprender tamén catalán. O Servizo de Saúde (Ib-salut) elaborou un borrador de decreto no que se esixe acreditar nivel A ou B a todos os profesionais que desexen optar a unha praza fixa.

Fonte: El Mundo

Air Berlin reafirma a súa negativa a utilizar galego, catalán e vasco nos seus voos

O directo de Air Berlin para España e Portugal, Álvaro Middelmann Blome, reafirmou que a súa empresa non empregará as linguas cooficiais do Estado para dar mensaxes nos seus voos.

Fonte: Galiciae

O Concello mallorquín de Montuïri pon en marcha un voluntariado lingüístico

O Concello de Montuïri, xunto coa asociación Paraula e o Centre de Serveis Lingüísticos, poñerá en funcionamento un programa de voluntariado lingüístico.

Fonte: Diario de Mallorca

A Comunidade de Madrid é o terceiro destino nacional dos estudantes de español

A Comunidade de Madrid foi en 2007 o terceiro destino nacional dos estranxeiros que queren aprender español, con 37.920 estadías, por detrás de Málaga e Salamanca, segundo datos da Consellería de Cultura e Turismo, que asinou un acordo de colaboración coa Asociación Empresarial de Escuelas de Español en Madrid para potenciar a rexión como destino idiomático.

Fonte: Telemadrid

Nace Zerberri.com, o primeiro buscador de noticias en éuscaro de cen páxinas web

Zerberri.com é o primeiro buscador de noticias en éuscaro de internet. Os seus promotores, o informático Gorka Julio e o xornalista Haritz Rodriguez, presentaron ao público esta ferramenta que rastrexará a rede a partir dunha lista de cen fontes de información, todas elas en lingua vasca.

Fonte: Diario Vasco

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder