España
Os sectores euscaldúns de Navarra piden que o éuscaro sexa requisito para apoiar o novo decreto foral
O Consello Navarro do Éuscaro debate o borrador do decreto foral que actualizará a valoración do éuscaro no acceso á Administración. O texto, que conta co apoio de Euskarabidea, espertou polo contrario unha notable insatisfacción na maioría dos representantes do mundo euscaldún, debido á falta de ambición da reforma que non recupera a filosofía de circuítos bilingües presente nos primeiros decretos de 1994 na época do goberno de Juan Cruz Alli.
Fonte: Noticias de Navarra
O cantautor Tontxu ofrecerá un concerto con dobraxe simultánea á lingua de signos
O cantautor bilbaíno Tontxu Ipiña ofrecerá o vindeiro sábado un concerto en Sant Joan d'Alacant que contará cunha adaptación á lingua de signos para que o espectáculo poida ser seguido polos discapacitados auditivos.
Fonte: Información
Educación para a Cidadanía impártese en castelán nalgúns centros da Comunidade Valenciana
Despois dunha semana do inicio do curso en secundaria, o balance sobre a materia de Educación para a Cidadanía é pouco prometedor. Hai centros da cidade que usan o castelán ou o valenciano para impartir a materia e hai outros casos nos que o profesor enviado pola Consellería de Educación, e encargado de impartir a materia en inglés, ten problemas para se facer entender cos alumnos.
Fonte: ADN
EA critica que a nova estratexia da CE non aborde as linguas minoritarias como dereito dos cidadáns
O eurodeputado de Eusko Alkartasuna (EA) Mikel Irujo criticou que a nova comunicación da Comisión Europea sobre multilingüismo na Unión Europea non reflicta o tratamento e uso das linguas minoritarias europeas, como o éuscaro e o catalán, en todas as institucións europeas como un "dereito dos cidadáns", algo que, a priori, entendeu que ía ser recollido no informe.
Fonte: Eco Diario
O Consello Navarro do Éuscaro mellora o decreto regulador na Administración
O Consello Navarro do Éuscaro aprobou case por unanimidade un informe positivo sobre o decreto de modificación na valoración deste idioma na Administración.
Fonte: Noticias de Gipuzkoa
Os colexios privados de Madrid apostan polo ensino do mandarín como actividade extraescolar
O Liceo Europeo de Madrid é un centro pioneiro xunto con outros colexios privados madrileños en introducir o ensino do idioma como actividade extraescolar. En total, 120 dos seus 1300 alumnos aprenden chinés co profesor Sun Feng, coordinador dun equipo de 20 docentes que ensinan a lingua de Confucio neste e noutros centros privados dos arredores de Madrid.
Fonte: Cinco Días
A Obra Cultural Balear lamenta que Vicky Cristina Barcelona non se estreara en Mallorca en catalán
A Obra Cultural Balear lamenta que non se puidera estrear en Mallorca a versión dobrada ao catalán de Vicky Cristina Barcelona, a última película de Woody Allen. A entidade non entende como unha película que se estreou en Cataluña con 46 copias en catalán non puido chegar ás Baleares en catalán.
Fonte: OCB
O Partido Socialista de Alacante propón crear unha área de normalización lingüística na Deputación
O grupo socialista na Deputación de Alacante propuxo a creación dun departamento de Normalización Lingüística dentro do Plan de uso e normalización do valenciano presentado ao equipo de goberno da institución provincial.
Fonte: Las Provincias
Eusko Alkartasuna acusa o PNV e o PSE de «torpedear» a reforma lingüística no País Vasco
Eusko Alkartasuna (EA), formación que dirixe o Departamento de Educación, mostrou o seu enfado tras un mes de negociacións cos partidos para alcanzar un acordo sobre o seu proxecto de reforma lingüística, sen conseguir avance ningún. A parlamentaria de EA, Onintza Lasa, acusa o seu socio de Goberno, o PNV, e os socialistas vascos de cambiar as súas posicións iniciais respecto á proposta de lei de aprendizaxe de linguas co único fin de «torpedear» o proceso ante a proximidade das eleccións.
Fonte: Diario Vasco
As persoas xordas da Comunidade de Madrid poderán dispoñer de intérpretes de lingua de signos todo o ano
O servizo de Intérpretes de Lingua de Signos que ofrece a Consellería de Familia e Asuntos Sociais da Comunidade de Madrid ampliouse e mellorouse para que as máis de 15.600 persoas que padecen discapacidade auditiva recoñecida na rexión poidan dispoñer dun intérprete de forma gratuíta os 365 días do ano.
Fonte: Madrid.org
Boletín
Subscríbase ao boletín