España
4000 persoas maniféstanse en Barcelona contra a inmersión en catalán
A marcha contra a inmersión lingüística na escola convocada por Ciutadans-Partido de la Ciudadanía e o Partido Popular reuniu a cerca de 4000 manifestantes no centro de Barcelona. A protesta non deu enchido a Praza de Sant Jaume, cunha capacidade máxima de 6000 persoas, segundo a Guardia Urbana.
Fonte: El País
A Acadèmia Valenciana de la Llengua realizará un estudo sobre o uso do valenciano nas universidades
A Acadèmia Valenciana de la Llengua (AVL) realizará unha enquisa sobre o uso que se fai do valenciano nas universidades públicas valencianas que se prevé que estea completada a mediados do mes de marzo do próximo ano 2009. O estudo fará unha radiografía do nivel de coñecemento e emprego da lingua valenciana na comunidade educativa universitaria.
Fonte: Panorama actual
A canle catalá TV-3 presenta 10 historias de convivencia lingüística
TV-3 estrea 10 cites (23.40 horas), unha serie de 13 capítulos de 15 minutos cada un que mostran historias de convivencia entre parellas lingüísticas, unha practica habitual do programa de Voluntariat per la Llengua.
Fonte: El Periódico de Catalunya
A plataforma cívica Conceyu Abiertu pola Oficialidá convoca unha manifestación en Oviedo a favor da oficialidade do asturiano
A plataforma cívica Conceyu Abiertu pola Oficialidá, na que se insiren máis de 150 organizacións de todo tipo co obxectivo común de lograr a oficialidade do asturiano na reforma do estatuto de autonomía, convoca para o mes de outubro unha nova mobilización masiva pola oficialidade da lingua asturiana.
Fonte: Asturies.com
Preséntase en Navarra o programa 'Lingua Empresa' para fomentar a aprendizaxe de idiomas para traballadores
O conselleiro de Innovación, Empresa e Emprego do Goberno de Navarra, José María Roig, presentou o pasado venres día 26 de setembro o programa 'Lingua Empresa' que impulsará a aprendizaxe de idiomas por parte dos traballadores, no transcurso dun acto organizado con motivo da celebración do Día Europeo das Linguas.
Fonte: Diario de Navarra
Publican o ´Diccionari de psiquiatría´ unha obra que recolle mil termos en catalán traducidos en catro idiomas
O centro de terminoloxía Termcat publicou en liña un dicionario do ámbito da psiquiatría co obxectivo de difundir a terminoloxía relativa a este ámbito médico.
Fonte: MedicinaTV
Seis colexios aragoneses súmanse á educación bilingüe en inglés
A renovación do convenio entre o Ministerio de Educación e o British Council permitiu a incorporación de seis novos centros de educación infantil en Aragón con educación bilingüe, cinco deles en Zaragoza e un en Teruel. Con estas incorporacións son xa 114 centros educativos os adscritos a este programa e 23.000 os alumnos.
Fonte: Aragón Digital
A Universitat de Lleida prevé ofrecer o grao en catalán e occitano o próximo curso
A Universitat de Lleida ten previsto iniciar no próximo curso (2009-2010) os estudos de grao en catalán e occitano, a fórmula que permitirá adaptar a antiga Filoloxía Catalá ás directrices marcadas polo Plan de Boloña e que converterá esta universidade na única do Estado que impartirá os estudos de grao en lingua occitana.
Fonte: La Mañana
O PP catalán esixe a terceira hora de castelán para firmar a Lei de educación
A presidenta do Partido Popular en Cataluña, Alicia Sánchez-Camacho, mostrou unha posición firme contra a inmersión lingüística que planea sobre as aulas catalás. Durante a reunión que mantivo co conselleiro de Educación, Ernest Maragall, condicionou o pacto da futura Lei de educación, que se atopa agora en trámite parlamentario, a acatar o cumprimenro da terceira hora de castelán en primaria.
Fonte: La Razón
Un profesor reúne opinións sobre o éuscaro en catro séculos
O profesor de Historia Contemporánea da Universidade Pública de Navarra, Juan Madariaga Orbea, presentou o libro Apologistas y detractores de la lengua vasca, obra na que a través de artigos e estudos recompila a opinión sobre o éuscaro de máis de 60 autores dos séculos XVI ao XIX.
Fonte: Diario de Navarra
Boletín
Subscríbase ao boletín