España
A reflexión sobre política lingüística 'Euskara 21' concita un amplo consenso
Para fin de ano, a comisión especial Euskara 21, que se puxo en marcha hai cinco meses dentro do Consello Asesor do Éuscaro para reflexionar acerca do futuro da política lingüística, terá listo o documento no que suxerirá ás institucións cales deberían ser as bases da política lingüística dos próximos anos.
Fonte: Diario Vasco
Só nun dos dez colexios concertados de Castellón se pode estudar en valenciano
A cidade de Castellón dispón de dez centros concertados e privados onde se imparte educación primaria. Só nun destes colexios se pode estudar liña en valenciano ou acceder ao programa de inmersión lingüística que prevé a Lei de uso e ensino do valenciano aprobada en 1983, segundo se extrae dun estudo de Escola Valenciana-Federació d'Associacions per la Llengua.
Fonte: Levante
A Universitat Jaume I impartirá o 5 % dos créditos das súas carreiras en lingua estranxeira
A Universitat Jaume I (UJI) impartirá en lingua estranxeira o 5 % dos créditos das súas titulacións de grao, apostando por un modelo europeo de educación superior.
Fonte: El Periódico Mediterráneo
A Generalitat de Catalunya gasta máis na promoción do catalán que o Instituto Cervantes na do castelán
O Goberno tripartito catalán, que preside o socialista José Montilla, gastou en 2007 case 157 millóns de euros en fomentar o uso da lingua catalá. A cifra supón un incremento do 30,8 % sobre o orzamento público destinado a ese fin no ano 2006, que foi de 119,65 millóns de euros.
Fonte: El Mundo
A Deputación de Cáceres implanta un programa informático para corrixir a linguaxe sexista nos seus documentos
A Deputación de Cáceres instalará nos seus ordenadores un programa informático chamado 'Themis' que serve para corrixir a linguaxe sexista nos seus escritos e documentos, de xeito que, ao finalizar o traballo, este software detecta os posibles vocábulos que poidan incorrer nunha discriminación de xénero e propón o seu cambio por outros neutros.
Fonte: Europa Press
A Generalitat Valenciana retiraralles o concerto aos institutos que non dean Cidadanía en inglés
O conselleiro de Educación valenciano, Alejandro Font de Mora, advertiu nas Cortes Valencianas que o executivo que preside Francisco Camps retirará o concerto aos centros privados que incumpran a orde de impartir en inglés a materia de Educación para a cidadanía.
Fonte: La Vanguardia
Os partidos xudiciais cataláns de Puigcerdà e Ripoll emitiron cerca dun 98 % das sentenzas en catalán
Os partidos xudiciais de Puigcerdà e Ripoll emitiron o ano pasado un 97,83 % e un 97,98 %, respectivamente, das sentenzas en catalán, segundo os datos presentados polo Departamento de Xustiza.
Fonte: Avui
A iniciativa Euskara 21 recibe máis de 2.000 achegas
Transcorridos cinco meses desde a súa posta en marcha, segundo o viceconselleiro de Política Lingüística Patxi Baztarrika, esta iniciativa mostra que «o acordo non só é necesario, senón posible». Convocaron un concurso de slogans para fomentar a participación social. A web Euskara 21 recibiu máis de 18.000 visitas.
Fonte: Euskadi.net
As universidades catalás organizan un plan de acollida en catalán para estudantes estranxeiros
A Plataforma per la Llengua, xunto con nove universidades catalás, organizou un plan de acollida para os estudantes de intercambio, baixo o lema Català means feeling, que combina a diversión coa cultura. Esta proposta, que finalizará o 8 de novembro, inclúe un mes cheo de actividades amenas, como a visita guiada por diversas cidades para todos os estudantes que queiran coñecer de preto a realidade social, cultural e lingüística do país.
Fonte: Avui
O Partido Socialista de Euskadi propón unha política para o éuscaro libre de visións "partidistas e sectarias"
O PSE-EE presentou en Donostia a proposta lingüística que porá en práctica no caso de gañar as eleccións e ocupe a lehendakaritza. Contida nun manifesto que se titula "Euskara y libertad", a proposta pretende ser o "punto de encontro" dos partidarios dunha nova política cultural e lingüística libre de "visións partidistas e sectarias, cando non claramente discriminatorias".
Fonte: Noticias de Gipuzkoa
Boletín
Subscríbase ao boletín