España

Proponse un marco común de identidade lingüística entre Asturias, León, Zamora e Miranda do Douro

A idea de expandir un sentimento de identidade lingüística común entre Asturias, León, Zamora e Miranda do Douro foi ben recibida por todos os participantes no relatorio 'La llingua nes tierres ástures: propuestes de collaboración', coa que rematou o I Conceyu Internacional de la Llingua Asturiana.

Fonte: InfoAsturies

Chegan a Vielha as Baladas Italianas para reivindicar que o occitano sexa patrimonio da humanidade pola Unesco

O Conselh Generau d'Aran (Lleida) recibiu as Baladas Italianas de Chambra d'Òc, asociación cultural da zona de Piamond, no norte de Italia, que peregrinaron ata o Val d'Aran para reivindicar que a lingua occitana sexa patrimonio da humanidade pola Unesco.

Fonte: Europa Press

Unhas 400 persoas esixen en Palma ser atendidas en catalán pola sanidade pública

Unhas 400 persoas (cerca de 450, segundo a Policía Local, e 700 segundo os organizadores) concentráronse para reivindicar o dereito dos pacientes de Baleares a ser atendidos no seu propio idioma.

Fonte: Diario de Mallorca

O deber de coñecer e usar o catalán acapara as dúbidas do Constitucional

O calendario co que se traballa para coñecer a validez constitucional do Estatuto de Cataluña é que sexa en decembro cando os membros do Tribunal Constitucional conclúan as deliberacións. Será a partir dese momento cando comecen os relatores a redactar o veredicto sobre os recursos presentados.

Fonte: Público

O descoñecemento do idioma, unha barreira para a expansión internacional das empresas españolas

Un recente estudo publicado pola asesoría Adminex indica que o descoñecemento do idioma dos potenciais destinos dos produtos e os servizos que ofrecen as empresas de España son o motivo de que o 70% das firmas españolas non tome a iniciativa de saír ao exterior.

Fonte: Granada Hoy

O sindicato CSI-CSIF propón materias voluntarias en inglés na Comunidade Valenciana para posibilitar o trilingüismo

A Central Sindical Independiente y de Funcionarios, CSI-CSIF, propuxo que, fronte ao "fracaso" da impartición en inglés da materia Educación para a Cidadanía, se apliquen na Comunidade Valenciana as chamadas "seccións europeas" ou "seccións bilingües" co fin de poñer en funcionamento un "modelo que posibilite de verdade o trilingüismo na Comunidade Valenciana".

Fonte: El Mundo

Os escritores de Galeusca deciden reforzar a alianza para enfrontarse unidos á "involución" lingüística en España

Na recente reunión de Galeusca en Valencia, á que acodiu unha representación da Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG), a preocupación deu pé a un texto que, dalgún xeito, é continuación do manifesto realizado o pasado xullo pola Federación de Asociacións de Escritores Galeusca. Nese momento, só un mes depois da presentación da federación, protestaron pola "exclusión que colegas escritores españois" realizaron a través do Manifiesto por la lengua común e lamentaron que se "dediquen a combater o máis próximo e asimetricamente discriminado".

Fonte: Galicia Hoxe

O PP de Cataluña propón que cada colexio escolla en que lingua ensina

O Partido Popular de Cataluña presentará unha proposición de lei de educación ao Parlamento catalán na que propón que cada centro escolar poida definir "o seu propio proxecto lingüístico" e que cada familia poida levar os seus fillos ao colexio público ou concertado que desexe, aínda que non estea cerca do seu domicilio.

Fonte: Avui

Trinta entidades do País Vasco recibiron xa os certificados de calidade lingüística 'Bikain'

Trinta entidades vascas vinculadas ao mundo da economía e o traballo recibiron no Museo Guggenheim de Bilbao os primeiros Certificados de Calidade na Xestión Lingüística Bikain, «o primeiro certificado oficial, público, e gratuíto» creado pola Consellería de Cultura do Goberno vasco para «recoñecer o grao de normalización do uso, presenza e xestión do éuscaro nas organizacións do ámbito socioeconómico de Euskadi».

Fonte: Diario Vasco

A Axencia Nacional para a Avaliación da Calidade nunca aceptaría un grao de Filoloxía Asturiana por non ser lingua oficial

A Axencia Nacional para a Avaliación da Calidade e a Acreditación (ANECA) «non aceptará nunca un grao de Filoloxía Asturiana, ao non ser o asturiano unha lingua oficial», adiantou o reitor da Universidade de Oviedo en resposta á pregunta dun dos alumnos claustrais.

Fonte: La Nueva España

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder