España

Os servizos de interpretación da lingua de signos redúcense debido á crise

A lei recoñece (desde 2007) o dereito a que as persoas xordas dispoñan dos recursos necesarios para desenvolverse en calquera aspecto da vida, implantando nos centros públicos un servizo de interpretación en lingua de signos, pero coa crise o seu desenvolvemento, que era lento, volveuse aínda máis lento.

Fonte: ADN

Xeral

A Fundación Comillas impartirá un curso virtual sobre dinámicas de traballo na aula de español como lingua estranxeira

A Fundación Comillas impartirá desde o 7 de marzo un novo curso sobre o ensino do español como lingua estranxeira, concretamente sobre as dinámicas de traballo para aplicar na aula.

Fonte: Europa Press

Xeral

O Goberno vasco busca que o éuscaro sexa a lingua invitada na Feira Expolangues de París do ano 2013

O Goberno vasco acudiu á Feira Expolangues de París para reunirse cos responsables deste evento dos idiomas e lograr un acordo para que o éuscaro sexa a lingua invitada na edición de 2013.

Fonte: Europa Press

País Vasco

O Partido Socialista do País Valenciano e Escola Valenciana acordan fomentar a educación en valenciano

O secretario xeral do Partido Socialista do País Valenciano (PSPV) e candidato á Presidencia da Generalitat, Jorge Alarte, e o presidente de Escola Valenciana, Vicent Moreno, acordaron “fomentar a educación en valenciano como unha aposta polo plurilingüismo e a calidade do ensino”.

Fonte: Diario Crítico de la Comunidad Valenciana

Comunidade Valenciana

Microsoft presenta Windows 7 e Office 2010 en valenciano

Microsoft presentou o primeiro produto da compañía en valenciano “CLIP” (Captions Language Interface Pack), que permitirá aos usuarios dispor dunha tradución ao valenciano dos menús de Windows 7 e Office 2010.

Fonte: Europa Press

Comunidade Valenciana

O Goberno canario admite que a comunidade está "fóra de prazo" para cumprir coa UE na aprendizaxe da segunda lingua estranxeira

A conselleira de Educación, Cultura e Deportes do Goberno de Canarias, Milagros Luis Brito, admitiu que as illas “están fóra de prazo” para lograr o obxectivo imposto pola Unión Europea para que nos Estados membros se falen “dúas linguas máis unha”.

Fonte: Europa Press

Illas Canarias

Unha campaña busca sensibilizar os pais sobre a importancia da lectura en éuscaro

O Goberno vasco puxo en marcha o programa Bularretik mintzora (“do peito á fala”) co obxectivo de sensibilizar os pais sobre a importancia da lectura en éuscaro desde a primeira infancia.

Fonte: El País

País Vasco

A Universidade de Granada amplía a súa oferta de linguas e afiánzase como referente en España

Algúns dos idiomas que se ensinan na Universidade de Granada son o neerlandés, o alemán, o ruso ou o hebreo clásico. Porén, o que a diferencia das demais é que é a única de Andalucía que ofrece a posibilidade de aprender catalán e galego. Ademais, a Universidade de Granada é a única universidade española na que se pode estudar árabe como primeira opción lingüística.

Fonte: El Ideal

Andalucía

Un estudo revela que mellora a implantación do catalán nos móbiles, pero suspenden as operadoras

A implantación da lingua catalá nos teléfonos móbiles mellorou nos últimos anos e a maioría de terminais xa a incorpora nos seus menús, aínda que, por outro lado, as operadoras suspenden á hora de atender os seus clientes en catalán, segundo revela un estudo da Plataforma pola Lingua Catalá.

Fonte: ABC

Cataluña

Convócase o II Concurso literario 'Declara o teu amor pola lingua'

Xunta Moza, a sección de xuventude da Xunta pola Defensa de la Llingua Asturiana, convoca a segunda edición do concurso literario “Declara o teu amor pola lingua”, con motivo do Día Internacional da Lingua Materna.

Fonte: 20 minutos

Asturias

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder