España
Créase unha bolsa de emprego para profesores de español para estranxeiros
O director do Instituto Castelán e Leonés da Lingua, Gonzalo Santonja, e o reitor da Universidade de Burgos, Alfonso Murillo, asinaron un convenio de colaboración para a creación dunha bolsa de emprego destinada a profesores de español para estranxeiros.
Fonte: Europa Press
A Academia da Lingua Asturiana convoca a primeira proba de coñecemento de galego-asturiano
O sábado 26 de febreiro realizarase en Tapia a primeira proba de coñecemento de galego-asturiano. A Academia da Lingua Asturiana responde así ao interese da cidadanía da zona pola celebración deste exame escrito e oral.
Fonte: Asturies
O Concello de Bilbao impulsa o éuscaro con varios xogadores do Athletic
O Concello de Bilbao impulsa o uso do éuscaro fóra dos centros escolares con obradoiros impartidos por varios dos xogadores e xogadoras do Athletic Club.
Fonte: El Mundo
Nace unha coordinadora en Cataluña para defender a inmersión lingüística
Unha trintena de entidades cívicas e educativas promove accións conxuntas a favor da escola catalá. A macroasociación xa redactou un manifesto no que salienta a importancia cultural, lingüística e social do catalán como lingua vehicular no ensino.
Fonte: Avui
Unha campaña anima a usar o valenciano entre o colectivo universitario
A Asociación Cívica Valenciana Tirant lo Blanc e a Plataforma per la Llengua País Valencià realizarán unha campaña de promoción do uso do valenciano dirixida ao colectivo universitario.
Fonte: ABC
O Congreso avala cambiar ao éuscaro o nome dos tres territorios vascos
O Congreso dos Deputados avalou a denominación oficial en éuscaro dos tres territorios históricos vascos, que, unha vez remate a tramitación parlamentaria, pasarán a chamarse Araba/Álava, Gipuzkoa e Bizkaia.
Fonte: Diario Vasco
Os alumnos valencianos poderán escoller a lingua en que responden os exames
A Consellería de Educación Valenciana propón que nos centros que formen parte da rede plurilingüe os alumnos poidan escoller se queren realizar as probas oficiais en valenciano ou castelán, con independencia da lingua en que se imparta a materia.
Fonte: El Mundo
A Academia Valenciana da Lingua presenta unha campaña para potenciar o uso social do valenciano
A Academia Valenciana da Lingua (AVL) presentou unha das súas campañas estrela este 2011. “En valencià” é unha iniciativa de acción cidadá para promover a lingua na rúa, cun maior uso social. Un total de 63 municipios da Comunidade Valenciana xa se adheriron.
Fonte: El Periódico Mediterráneo
Celébrase en Salamanca un congreso sobre as linguas minoritarias estremeñas
O municipio salmantino de Villasrubias celebrará un congreso onde expertos debaterán e analizarán a situación dalgunha linguas minoritarias do oeste de Castela e León e de Estremadura.
Fonte: ABC
Navarra rexeita unha lei para facer oficial o éuscaro
O pleno do Parlamento de Navarra rexeitou a toma en consideración dunha proposición de lei foral de normalización do éuscaro en Navarra, presentada por Nafarroa Bai, que propuña derrogar a normativa vixente e estender a oficialidade do éuscaro en toda a Comunidade foral.
Fonte: Europa Press
Boletín
Subscríbase ao boletín