España
O Museo Sorolla de Madrid ofrecerá visitas en lingua de signos
O Museo Sorolla de Madrid puxo en marcha un programa de visitas en lingua de signos española, co fin de achegar a obra do pintor valenciano ás persoas con discapacidade auditiva. Segundo informou na súa web o museo, estas visitas están programadas para o 25 de xaneiro, e para os días 23 de febreiro e 23 de marzo.
Fonte: lainformación.com
En 2010 aumentou un 29 % o número de persoas xordas beneficiadas polos servizos en lingua de signos en Castela-A Mancha
A Federación de Persoas Xordas de Castela-A Mancha incrementou un 29 por cento o número de usuarios atendidos a través dos seus servizos de interpretación de lingua de signos e mediación social.
Fonte: ABC
Os partidos cataláns rexeitan as críticas de Javier Arenas ao modelo lingüístico catalán
Todos os partidos cataláns, excepto o PPC, rexeitaron as críticas ao modelo lingüístico catalán vertidas polo dirixente popular andaluz Javier Arenas, que asegurou que o seu partido será “belixerante se se intenta educar a un neno andaluz nunha lingua diferente da súa”, en referencia ao sistema de inmersión lingüística en catalán nos primeiros anos de escolarización en Cataluña.
Fonte: ABC
Un estudo afirma que saber éuscaro dá máis oportunidades, pero non proporciona máis prestixio
O éuscaro é unha lingua cara á que a maioría dos vascos ten unha actitude moi positiva, aínda que o vínculo que establecen con ela garda máis relación coa súa utilidade (o 87 % cre que saber éuscaro dá máis oportunidades) que coa afectividade ou co prestixio (só o 45 % cre que saber éuscaro o proporciona).
Fonte: Diario Vasco
Os estudantes musulmáns de Ceuta sofren dificultades na aprendizaxe do español
O último número da Revista Pragmalingüística, que edita a Universidade de Cádiz, contén un artigo que trata sobre as singularidades da educación en Ceuta. O traballo analiza as especiais complicacións que sofren os estudantes ceutís de cultura musulmá para chegar a adquirir un dominio completo do idioma español e propón posibles vías de mellora.
Fonte: El Faro Digital
A Universidade de Castela-A Mancha organiza cursos de lingua e cultura chinesas en todos os seus campus
A Universidade de Castela-A Mancha (UCLM) levará a cabo en todos os seus campus, entre os meses de febreiro e xuño, cursos de lingua e cultura chinesas para estudantes, docentes, profesionais e empresarios interesados nesta materia.
Fonte: ABC
A Academia da Lingua Asturiana convoca as probas de coñecemento da lingua asturiana
A Academia da Lingua Asturiana (ALLA) organiza dúas convocatorias anuais de coñecemento da lingua nas que se poden avaliar os coñecementos básicos de asturiano. A institución ten aberta a convocatoria de xaneiro, que se celebrará o día 29, con dúas partes, unha de lingüística e outra de lingua e sociedade, que inclúen unha proba escrita e outra oral.
Fonte: Asturnews
YouTube suma o catalán ás 40 linguas accesibles para os usuarios
O catalán sumouse ás máis de 40 linguas nas que se oferta o portal de vídeos YouTube, xestionado por Google.
Fonte: El Mundo
Nacen unha radio e unha web didácticas para a aprendizaxe do español
A Fundación da Lingua Española puxo en marcha dúas novas ferramentas didácticas, baseadas nas tecnoloxías da información, para estender a nivel internacional a aprendizaxe do español grazas a un portal web e a unha emisora de radio.
Fonte: El Mundo
A Fundación da Confederación Estatal de Persoas Xordas convoca os Premios Fundación CNSE 2011
A Fundación CNSE abriu a convocatoria dos seus Premios 2011. O primeiro destes galardóns é o Premio Fundación CNSE á investigación sobre a lingua de signos española, que ten como obxectivo fomentar a produción en España de traballos innovadores de investigación sobre esta lingua.
Fonte: RRHHDigital
Boletín
Subscríbase ao boletín