España
NaBai propón que o éuscaro sexa oficial en toda Navarra
NaBai vai presentar no Parlamento unha proposición de lei do éuscaro para que se derrogue a actual normativa e se recoñeza a oficialidade do vasco en "todo o territorio da Comunidade foral".
Fonte: Diario de Navarra
O Ministerio de Cultura aumentou as súas páxinas web traducidas ás linguas cooficiais un 25 % nos últimos 15 meses
A ministra de Cultura, Ángeles González-Sinde, asegurou que o seu Departamento ten nestes momentos traducido o 51 por cento das páxinas web publicadas e informou de que nos últimos 15 meses a cifra de páxinas traducidas ás linguas cooficiais creceu un 25 por cento.
Fonte: El Norte de Castilla
O Tribunal Supremo ordena á Generalitat de Catalunya que o castelán sexa vehicular nas escolas
O Tribunal Supremo (TS) ordenoulle á Generalitat de Catalunya levar a cabo "cantas medidas sexan necesarias" para adaptar o seu sistema de ensino á "nova situación creada" polo ditame sobre o Estatuto que considera o castelán como "lingua vehicular" nos centros docentes da comunidade.
Fonte: Europa Press
A Deputación de Guipúscoa destina dous millóns de euros para fomentar o éuscaro en 2011
A Deputación de Guipúscoa manterá para 2011 a contía destinada a axudas para a normalización e fomento do éuscaro, que ascende a 2.019.490 euros.
Fonte: ABC
O Goberno de Navarra subvenciona traducións automáticas ao éuscaro en concellos
O Goberno de Navarra aprobou destinar 12.341 euros á implantación de sistemas de tradución automática ao éuscaro en diversas entidades locais, e conceder outros 15.427 euros máis ao de Pamplona para promover actividades en éuscaro e a reciclaxe lingüística do persoal.
Fonte: ABC
A Academia da Lingua Asturiana publica a terminoloxía da física
Dentro do labor de renovación léxica que se desenvolve no proxecto Terminoloxía Asturiana (TERMAST) da Academia da Lingua Asturiana, inclúese unha nova proposta, dedicada esta vez á terminoloxía dos conceptos básicos da física.
Fonte: ASTURNEWS
O Goberno vasco fomentará con 100.000 euros o uso do éuscaro no Condado de Treviño
O Goberno vasco aprobou dúas propostas da conselleira de Cultura, Blanca Urgell, para a concesión de dúas subvencións, de 50.000 euros cada unha, ao Concello de La Puebla de Arganzón e ao Concello de Condado de Treviño para o fomento do éuscaro nos devanditos municipios burgaleses.
Fonte: Europa Press
Uns 120 colexios de Málaga imparten ensinanzas bilingües
A extensión do programa de bilingüismo na provincia de Málaga é máis ca evidente. Actualmente 124 centros docentes desenvolven este programa, dos que 12 se incorporaron este curso escolar.
Fonte: Málaga Hoy
Uns 130 alumnos estranxeiros de ESO reciben clases de español en Navarra
Uns 130 alumnos estranxeiros non castelanfalantes matriculados na ESO (12-16 anos) asisten a clases para aprender español nos seus colexios ou institutos en Navarra.
Fonte: Diario de Navarra
O Goberno valenciano investiu 17,7 millóns de euros na promoción do valenciano desde 2008
O Goberno valenciano investiu en actividades de promoción do valenciano un total de 17,7 millóns de euros nos últimos tres anos, segundo o conselleiro de Educación, Alejandro Font de Mora.
Fonte: ABC
Boletín
Subscríbase ao boletín