España

A Universidade de Deusto celebra o Día do Éuscaro con varios actos nos seus campus de Bilbao e San Sebastián

A Universidade de Deusto celebra o Día Internacional do Éuscaro, que se conmemora o venres 3 de decembro, con diversos actos e conferencias nos seus campus de San Sebastián e Bilbao.

Fonte: Europa Press

País Vasco

A porcentaxe de cidadáns que sabe éuscaro sobe do 22 ao 37,5 %

A porcentaxe dos cidadáns vascos que saben éuscaro pasou do 22 ao 37,5 % nos últimos 30 anos, segundo desvelou a conselleira de Cultura, Blanca Urgell, con motivo da celebración do Día Internacional do Éuscaro.

Fonte: EITB

País Vasco

O 93,9 % da poboación residente na Comunidade Valenciana entende o valenciano e o 76,7 % sabe falalo

O 93,9 % da poboación maior de 15 anos residente na Comunidade Valenciana entende o valenciano e o 76,7 % sabe falalo, segundo reflicte a enquisa de Coñecemento e Uso Social do Valenciano realizada en 2010 e que publicou a Consellería de Educación.

Fonte: Europa Press

Comunidade Valenciana

A Deputación de Biscaia anuncia cinco millóns de euros máis para impulsar o éuscaro

O deputado xeral de Biscaia, José Luis Bilbao, sorprendeu ao anunciar que a institución foral destinará unha partida extra de cinco millóns de euros dirixida a impulsar o éuscaro.

Fonte: Deia

País Vasco

Máis de 100 profesores aragoneses perfeccionarán idiomas no estranxeiro

Un total de 120 docentes aragoneses participará este curso nos cursos que compoñen o Programa de Aprendizaxe de Linguas Estranxeiras (PALE) organizado polo Departamento de Educación e destinados a perfeccionar o inglés ou francés durante quince días nos respectivos países.

Fonte: El Periódico de Aragón

Aragón

A Generalitat de Catalunya destina 1,2 millóns de euros a promover o catalán no Rosellón e Valencia

A Generalitat de Catalunya destinou 1,2 millóns de euros a entidades culturais e cívicas para a promoción do catalán no Rosellón (Francia) e na Comunidade Valenciana.

Fonte: Europa Press

Cataluña

Un acordo permitirá publicar textos litúrxicos en valenciano

Membros da Academia Valenciana da Lingua (AVL) reuníronse cunha trintena de presbíteros e laicos para analizar a presenza do valenciano na Igrexa e acordaron constituír unha entidade para a publicación de textos relixiosos.

Fonte: El País

Comunidade Valenciana

A Academia do Aragonés elabora unha proposta ortográfica para todas as variedades da lingua

A Academia do Aragonés elaborou unha proposta ortográfica da lingua aragonesa, froito dun traballo de tres anos e do consenso dos participantes na súa elaboración.

Fonte: Aragón Digital

Aragón

Escola Valenciana considera que o uso social da lingua está «estancado»

A entidade afirma que os datos da Consellería de Educación son "idénticos aos de hai cinco anos", aínda que valora que os mozos sexan os que máis saben valenciano.

Fonte: MónDivers

Comunidade Valenciana

O éuscaro, xunto co asturiano, o aragonés e o aranés, está en risco de desaparición, segundo a Unesco

O éuscaro, xunto co asturiano, o aragonés e o aranés, está en risco de desaparición, segundo asegura a Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura (Unesco) no seu novo e interactivo Atlas das Linguas do Mundo en Perigo.

Fonte: La Información

Xeral

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder