España
A metade dos vitorianos non fala nin entende éuscaro
O 43 % dos vitorianos manéxase con maior ou menor dificultade en éuscaro. O resto «non o fala nada», segundo unha análise sobre o coñecemento deste idioma recollido polo Concello de Vitoria do Instituto Vasco de Estatística (Eustat).
Fonte: El Correo
O Goberno balear activa o Plan de normalización lingüística
A voceira do Goberno balear, Joana Barceló, anunciou que o Goberno das Illas Baleares aprobou facer o seguimento do Plan xeral de normalización lingüística.
Fonte: Avui
Madrid 112 atenderá as emerxencias en máis de 80 idiomas
Este sistema permitirá atender as chamadas dos cidadáns en máis de 80 linguas, entre elas o chinés mandarín, o romanés e o árabe. Deste xeito, amplíase substancialmente a poboación que pode ser atendida no seu propio idioma.
Fonte: En Pozuelo
Guipúscoa alerta da necesidade de revitalizar a cultura en éuscaro
A cultura en éuscaro necesita revitalizarse. Tal é o diagnóstico que se extrae dun estudo presentado en San Sebastián pola Deputación de Guipúscoa que alerta da necesidade de que institucións e axentes sociais traballen en común para lograr revitalizar a situación actual da cultura que se produce, difunde e transmite en lingua vasca.
Fonte: El País
O Instituto Francés abre un local en Bilbao para promover a súa cultura e idioma
O Instituto Francés abrirá en xaneiro de 2011 un local en Bilbao co fin de promover a cultura francesa na capital biscaíña, o ensino da súa lingua e o intercambio intelectual, artístico e económico entre a República e a cidade.
Fonte: ABC
O Valedor do Pobo valenciano pide que a Universidade de Valencia respecte os dereitos lingüísticos
O Valedor do Pobo valenciano recordoulle á Universidade de Valencia os deberes legais que a Constitución e a lexislación vixente lle impoñen de respectar os dereitos lingüísticos dos administrados e utilizar en todos os procedementos e en calquera outra forma de comunicación con eles a lingua elixida.
Fonte: ABC
Un acordo permitirá facer o primeiro glosario de proxectos científicos en catalán
Un total de 10.000 palabras clave integrará o primeiro tesouro que clasificará tematicamente os proxectos de investigación que se fan en Cataluña e que está previsto que se acabe en 2012.
Fonte: Generalitat de Catalunya
O Departamento de Cultura do Goberno vasco ofrece 30 películas gratis en éuscaro para ver en internet
A oferta de cine en éuscaro incrementarase a partir do 22 de decembro coa oferta gratuíta en streaming de 30 películas a través das webs www.kulturklik.net e www.eitb.com.
Fonte: El País
O Partido Socialista vasco quere que o Instituto Etxepare promova o éuscaro fóra de Euskadi
O grupo parlamentario socialista avoga por que sexa o Instituto Etxepare o que canalice a promoción do éuscaro fóra da Comunidade Autónoma de Euskadi e que xa non se renoven as axudas económicas directas ás ikastolas do País Vasco francés.
Fonte: ABC
O Instituto Navarro do Éuscaro lanza unha campaña de Nadal para promover o uso do vasco
O Instituto Navarro do Éuscaro activou a campaña de Nadal 'Gabonetan, euskaraz ere bai! 2010' ('No Nadal, tamén en éuscaro, 2010'), organizada por terceiro ano consecutivo para promover o uso do éuscaro en actividades lúdicas relacionadas con estas festas.
Fonte: 20 minutos
Boletín
Subscríbase ao boletín