España
O Instituto Etxepare difunde en internet o uso do éuscaro
O Instituto Etxepare puxo en marcha a iniciativa Euskara Mundiala, unha campaña para dar a coñecer o éuscaro a través de internet (na web www.euskaramundiala.net), na que poñerá a disposición dos cidadáns varias decenas de frases gravadas nese idioma para que as aprendan, as escoiten e repitan.
Fonte: El País
Bankinter lanza un servizo de asesoramento interactivo para persoas xordas en lingua de signos
Bankinter lanzou unha nova canle de relación para persoas xordas que utiliza as posibilidades de internet para ofrecer un asesoramento interactivo adaptado ás necesidades de comunicación destes clientes, a raíz dun convenio coa Confederación Nacional de Persoas Xordas (CNSE).
Fonte: Europa Press
Admiten o recoñecemento do idioma galego na reforma da Lei da comarca do Bierzo
O colectivo cultural Fala Ceibe do Bierzo informa a cidadanía sobre o recoñecemento definitivo do idioma galego na Lei da comarca do Bierzo.
Fonte: El Bierzo Digital
Castela e León traballa nun memorando con Portugal para que o portugués sexa lingua estranxeira de opción curricular
O conselleiro de Educación da Junta de Castela e León, Juan José Mateos, avanzou que o Goberno rexional traballa na elaboración dun memorando con Portugal para que o portugués sexa considerado como lingua estranxeira de opción curricular.
Fonte: Europa Press
A Universidade de Granada é a única andaluza que imparte catalán
A lingua e literatura catalá ensínase e apréndese na Universidade de Granada (UGR) cunha boa aceptación desde 1960/1961, antes incluso de que na Universidade de Barcelona estivese regulado.
Fonte: Ideal
A Generalitat Valenciana amplía as clases de chinés a formación profesional e bacharelato
A Consellería de Educación da Generalitat Valenciana anunciou que estenderá a formación profesional (FP) e bacharelato o programa implantado en secundaria obrigatoria desde o curso escolar 2009-2010 para impartir "Introdución á Lingua e Cultura Chinesas".
Fonte: Global Asia
Só o 6 % da oferta de xoguetes está en catalán
Só o 6 % de toda a oferta de xoguetes comercializada en Cataluña está en catalán, segundo a Plataforma pola Lingua. En 2007 menos do 5 % das empresas utilizaba esta lingua.
Fonte: Avui
O Concello de Cáceres proxecta contar cun intérprete de lingua de signos
A alcaldesa de Cáceres, Carmen Heras, sinalou que o concello proxecta contar cun intérprete da lingua de signos para que as persoas xordas poidan facer os seus trámites "máis facilmente" e alcanzar así un "maior grao de accesibilidade" do consistorio cara a estes colectivos.
Fonte: Qué
Os escolares vascos melloran a súa capacidade de comunicación en éuscaro
Os escolares vascos melloraron os seus resultados en comunicación lingüística en éuscaro e en menor medida en castelán, segundo revela a avaliación diagnóstica 2010 que presentou a conselleira de Educación, Isabel Celaá, no Parlamento.
Fonte: El Correo
A Plataforma pola Lingua no País Valenciano elaborará unha enquisa sobre o valenciano nos concellos
A Plataforma pola Lingua no País Valenciano anunciou que elaborará unha enquisa sobre o uso do valenciano nos concellos. A entidade quere "coñecer de primeira man cal é a opinión dos cidadáns do País Valenciano ao respecto".
Fonte: Avui
Boletín
Subscríbase ao boletín