España

O Goberno de Cataluña presenta unha publicación para aprender catalán desde o urdú

Trátase do quinto volume da colección "Vivir en Cataluña. Aprendemos catalán desde...", que inclúe versións en chinés, árabe, romanés e tamazight. A colección ten como obxectivo proporcionarlles un primeiro contacto coa lingua catalá a persoas de orixe estranxeira.

Fonte: Generalitat de Catalunya

Cataluña

Castela-A Mancha asina un convenio con Francia para fomentar a aprendizaxe do idioma francés

A conselleira de Educación de Castela-A Mancha, María Ángeles García, e o embaixador francés en España, Bruno Delaye, asinaron un convenio que inclúe a mobilidade internacional para profesores, os intercambios de estudantes de formación profesional ou a realización de prácticas en centros de formación ou empresas francesas.

Fonte: ABC

Castela-A Mancha

Unha ferramenta permite autoavaliar a situación do catalán en calquera empresa

O recurso, chamado Llenguatest Empresa, diríxese aos empresarios e ten como obxectivo coñecer globalmente a situación do catalán en calquera empresa.

Fonte: Generalitat de Catalunya

Cataluña

Coñecer o catalán ou o castelán será obrigatorio en 2011 para presentarse ao exame de taxista

Demostrar un coñecemento básico de catalán ou castelán será obrigatorio para obter o título de taxista a partir da primeira convocatoria de exame de 2011, só para os aspirantes que proveñan de países que non teñan como lingua oficial o catalán ou o castelán.

Fonte: Europa Press

Cataluña

O Goberno vasco iniciará en 2012 o proceso para conceder títulos de éuscaro a alumnos do 'modelo D'

O Goberno vasco espera poñer en marcha no curso 2011-2012 o proceso para conceder titulacións homologadas de éuscaro aos alumnos do 'modelo D', é dicir, os que estudan integramente nesta lingua.

Fonte: Diario Vasco

País Vasco

O Goberno vasco entrega o certificado de calidade na xestión lingüística Bikain a 44 entidades

Un total de 44 entidades de Biscaia, Álava e Guipúscoa recibiu en San Sebastián os certificados de calidade Bikain que o Goberno vasco entrega á boa xestión que fan do éuscaro organizacións e empresas.

Fonte: Finanzas

País Vasco

O Ministerio de Educación destina 770.000 euros para reforzar o ensino do inglés nas escolas de idiomas de Castela e León

O Ministerio de Educación destinou 776.431 euros dirixidos a financiar o aumento de oferta de prazas para o ensino de inglés para mozos nas escolas oficiais de idiomas de Castela e León.

Fonte: La Crónica de León

Castela e León

O Concello de Vitoria promove o éuscaro nos comercios

O Concello de Vitoria promoverá o uso do éuscaro en 900 comercios da cidade a través da campaña 'Eskerrik asko, te lo agradecerán'.

Fonte: El Correo

País Vasco

O Goberno vasco creará unha enciclopedia dixital en éuscaro en 2011

O Departamento de Cultura do Goberno vasco destinará 200.000 euros e sacará a concurso en 2011 o proxecto de creación dunha enciclopedia dixital en éuscaro que contribúa á "normalización" do seu uso na sociedade.

Fonte: ABC

País Vasco

A lingua vehicular da Universidade da ONU que se instalará en Barcelona será o inglés

A lingua vehicular da Universidade das Nacións Unidas para a Alianza de Civilizacións (UNU-IIAOC) que se instalará a partir do curso 2012-13 na cidade de Barcelona será o inglés e non o catalán ou o castelán.

Fonte: ABC

Cataluña

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder