España
Cuenca será unha das sedes dos cursos de inmersión en lingua inglesa da Universidade Internacional Menéndez Pelayo
O Ministerio de Educación e a Universidade Internacional Menéndez Pelayo (UIMP) abrirán o 31 de xaneiro o prazo de matrícula dos cursos de inmersión en lingua inglesa que, entre marzo e decembro de 2011, se celebrarán en dez das sedes da Universidade, entre elas Cuenca.
Fonte: ABC
O Goberno vasco manterá o seu apoio ao éuscaro no País Vasco francés
O Goberno vasco e a Oficina Pública da Lingua Vasca francesa firmaron un acordo de colaboración en materia de éuscaro co obxectivo de potenciar o número de falantes de vasco no País Vasco francés.
Fonte: ABC
O escritor Miguel Rojo afirma que a lingua asturiana se atopa “na UVI e en coma”
O escritor Miguel Rojo, que presenta en Valladolid a súa última novela, A folla do ginkgo biloba, asegurou a Efe que a lingua asturiana "se atopa na UVI e en estado de coma”, ao non gozar da “protección suficiente”.
Fonte: ABC
Aumentan nun 20 % os estranxeiros que seguen cursos de catalán
Ata 40.000 persoas se inscribiron nalgún dos cursos de catalán que organizou o Consorcio para a Normalización Lingüística de Barcelona durante o ano 2010. A gran maioría, un 72 %, son persoas de orixe estranxeira.
Fonte: Avui
Escola Valenciana e a Consellería de Educación abren un diálogo sobre "o modelo plurilingüe"
Representantes de Escola Valenciana e da Consellería de Educación reuníronse por primeira vez en dous anos para falar sobre o modelo plurilingüe de ensino na Comunidade Valenciana, segundo informou a asociación nun comunicado.
Fonte: ABC
A homologación de títulos en éuscaro estará lista a finais de 2012
O Goberno vasco porá en marcha no curso 2011-2012 o proceso para conceder titulacións homologadas de éuscaro aos alumnos do "modelo D", é dicir, aqueles que estudan integramente nesta lingua, sen necesidade de que se sometan a exames específicos para as acreditacións oficiais de coñecemento do éuscaro.
Fonte: eitb
A Asociación de Xuristas polo Asturiano censura a exclusión da lingua asturiana nun premio
Xurde Blanco, o avogado que iniciou un litixio coa Administración do Principado de Asturias a consecuencia da denegación dun permiso laboral solicitado en lingua asturiana por un funcionario, continúa vixiando o cumprimento por parte da Administración da Lei de uso e promoción do asturiano.
Fonte: La voz de Asturias
Só un 2 % de alacantinos usa o valenciano cos seus fillos
Só un 2 % dos pais que residen en Alacante, capital, usa o valenciano para dirixirse aos seus fillos, unha porcentaxe que se eleva ao 18 % no caso das parellas que matriculan a súa prole nalgún dos 13 colexios de infantil e primaria, ou nos cinco institutos que ofrecen programas de inmersión lingüística.
Fonte: El País
As Comisións pola Lingua de Acción Cultural do País Valenciano potenciarán o uso social do valenciano
Acción Cultural do País Valenciano (ACPV) puxo en marcha unha campaña que pretende potenciar o uso social do valenciano na Comunidade buscando “a mobilización de miles de valencianos” arredor dunha rede de Comisións pola Lingua a nivel municipal e educativo.
Fonte: ABC
O número de persoas que participa nos programas que ofrecen practicar o éuscaro triplicouse en cinco anos
Pasaron case dúas décadas desde que o primeiro programa de Mintzapraktika se puxo en marcha en San Sebastián. Na actualidade, hai máis de medio centenar de programas en funcionamento e, aínda que a maioría corresponde a iniciativas de ámbito local implantadas por asociacións tamén locais que traballan na promoción do uso do éuscaro, non faltan empresas, hospitais ou centros educativos que levaron á práctica os seus propios programas.
Fonte: Diario Vasco
Boletín
Subscríbase ao boletín