España
O Tribunal Supremo oponse a que o catalán sexa un mérito determinante para os fiscais substitutos
O Tribunal Supremo desestimou o recurso contencioso-administrativo presentado pola Generalitat de Cataluña para que o coñecemento da lingua cooficial dunha comunidade autónoma sexa un mérito “determinante” no nomeamento de membros substitutos do Ministerio Fiscal.
Fonte: 20 minutos
A Universidade de Valencia rexeita aumentar a docencia en valenciano ata o 50 %
O incremento progresivo da docencia en valenciano para conseguir en cinco anos pasar da oferta actual do 25 ao 50 % na Universidade de Valencia (UV) non pasou a criba do seu claustro.
Fonte: levante-emv.com
O Goberno vasco quere reducir o número de certificados de éuscaro
Necesitáronse case dous anos, tres decretos e moitísimas horas de traballo para pór un pouco de orde na maraña de títulos e certificacións acreditativos do coñecemento do éuscaro que se foron creando e superpoñendo nas últimas décadas.
Fonte: Diario Vasco
O Consello Asesor comeza a revisar o Plan de promoción e uso do éuscaro
O Consello Asesor do Éuscaro comezou a revisar o Plan xeral de promoción e uso do éuscaro, nun encontro no que se analizaron cuestións coma a transmisión da lingua vasca ou o seu uso na Administración e nas tecnoloxías da información e a comunicación (TIC).
Fonte: 20 Minutos
A Universidade Jaume I cre que o cesamento de emisión de TV3 “empobrece a oferta en lingua propia”
O Consello de Dirección da Universidade Jaume I rexeita a finalización das emisións da Corporación Catalá de Medios Audiovisuais (TV3 e todas as súas canles de TDT) no territorio da Comunidade Valenciana, pois “empobrece notablemente a oferta na lingua propia”.
Fonte: ABC
Os estudantes do Instituto Cervantes duplicáronse en cinco anos
As matrículas para aprender español nos centros do Instituto Cervantes en todo o mundo duplicáronse nos últimos cinco anos, asegurou na sesión parlamentaria de control ao Goberno a ministra de Asuntos Exteriores, Trinidad Jiménez.
Fonte: ADN
Bloque por Asturies denuncia que o Principado rexeita a especialidade de asturiano que acepta o Ministerio de Educación
O deputado do Bloque por Asturies (BA) na Xunta Xeral do Principado, Roberto Colunga, denunciou que o Goberno rexional segue rexeitando a creación da especialidade de lingua asturiana entre o profesorado a pesar de que o Ministerio de Educación e Ciencia non rexeita esta posibilidade.
Fonte: La Voz de Asturias
A Consellería catalá de Cultura quere que aumente o coñecemento do catalán
A directora xeral de Política Lingüística da Generalitat de Cataluña, Yvonne Griley, asegurou que un dos principais obxectivos do Departamento de Cultura esta lexislatura será aumentar o coñecemento da lingua catalá.
Fonte: ABC
A conselleira catalá de Ensino aposta por facer presente o inglés en todas as etapas de formación
A conselleira de Ensino, Irene Rigau, manifestou que o departamento que ela lidera apostará para que a lingua inglesa “estea presente en todas as etapas formativas” para incrementar a competencia dos alumnos nesta materia.
Fonte: ABC
Fundan unha plataforma para instar o Goberno de Castela e León a que protexa o galego e o leonés nesta comunidade

Once asociacións culturais das provincias de León, Zamora e Salamanca dedicadas á defensa do leonés e do galego constituíron a Plataforma en Defensa do Leonés e do Galego en Castela e León.
Fonte: Galicia Hoxe
Boletín
Subscríbase ao boletín