España
Euskadi reivindica a súa lingua co Korrika, unha carreira a favor do éuscaro
O Korrika é unha carreira a favor do éuscaro que percorre o País Vaso. A edición deste 2011, que se realizará do 7 ao 17 de abril, preséntase en Barcelona en forma de mostra cultural que inclúe coloquios, documentais, música e gastronomía. O tema desta edición do Korrika-Barcelona é “O éuscaro e as linguas minoritarias”.
Fonte: El Periódico
O Concello de Gandía entrega 40.000 euros a Escola Valenciana para fomentar a lingua
O Concello de Gandía asinou un convenio plurianual coa Fundación Escola Valenciana por valor de 40 000 euros, para catro anos, ata 2014, que garante o financiamento de actividades para o uso da lingua no ámbito educativo e social.
Fonte: Las provincias
O xornal La Vanguardia en catalán triunfa nas redes sociais
Desde que se anunciou a nova edición de La Vanguardia en catalán as contas en apoio á iniciativa lograron sumar xa máis de 10.000 seguidores, 8.700 en Facebook e 1.900 en Twitter. Este dato en pouco máis de 15 días amosa o apoio dos lectores á iniciativa editorial.
Fonte: La Vanguardia
O ciclo “As institucións da Lingua Española” dará a coñecer o labor da Fundación Comillas
O ciclo de conferencias “As institucións da Lingua Española”, que acollerá do 21 ao 31 de marzo a Universidade Complutense de Madrid, dará a coñecer o labor da Fundación Comillas, un centro de excelencia dedicado á promoción e ensino especializado da lingua e a cultura hispánicas.
Fonte: 20 minutos
A Deputación Foral de Biscaia crea un portal de internet para promover o éuscaro biscaíño
O novo portal de internet en éuscaro biscaíño, www.bizkaiera.biz, posto en marcha pola Deputación Foral de Biscaia e o Instituto Labayru, alberga testemuños orais e escritos dirixidos especificamente a persoas que se expresen neste dialecto.
Fonte: ABC
Tres de cada dez alumnos estudan nos programas en valenciano
O ensino en valenciano crece, pero "moi lentamente", con tan só un 1 por cento anual, e nunha década chegou a subir un 11 %. En concreto, 3 de cada 10 estudantes escolarízanse en programas de ensinanza en valenciano.
Fonte: Levante
Euskaltzaindia recibiu máis de 835.000 consultas lingüísticas por internet
O servizo de consultas lingüísticas sobre usos correctos do éuscaro por internet de Euskaltzaindia, Jagonet, recibiu na súa primeira década en funcionamento un total de 835.000 solicitudes de asesoramento, das cales 140.443 foron en 2010.
Fonte: ABC
A ópera Hansel e Gretel será representada en lingua de signos española no Teatro da Maestranza
A Delegación de Educación de Sevilla e o Teatro da Maestranza coa colaboración de 18 centros educativos sevillanos estrearán este próximo 9 de abril no Teatro da Maestranza a ópera de Engelbert Humperdinck Hansel e Gretel.
Fonte: Diario Signo
As minorías volverán reclamar no Congreso o uso do galego, o catalán e o éuscaro
Os grupos minoritarios do Congreso volverán tentar que se tramite unha reforma regulamentaria para garantir “canto antes” o uso do catalán, o éuscaro e o galego na Cámara Baixa.
Fonte: Europa Press
Xuristas cataláns fan campaña para incentivar o uso do catalán na xustiza
A Asociación de Xuristas en Defensa da Lingua Propia puxo en marcha a campaña ‘No Canviem de Llengua’ (Non cambiemos de lingua) para concienciar a cidadanía para que non cambie de lingua cando se dirixa aos organismos de Xustiza e se fala catalán poida usalo sen pasar ao castelán.
Fonte: Europa Press
Boletín
Subscríbase ao boletín