España
Asturias presenta un curso pioneiro para aprender asturiano pola rede
O Principado aproveitará a reivindicación do asturiano no exterior para presentar un curso que pretende aproveitar as vantaxes das novas tecnoloxías e dar a coñecer este idioma entre os descendentes dos emigrantes asturianos.
Fonte: La Región
Os títulos de catalán da Comunidade Valenciana xa son válidos en Baleares
Os certificados de nivel de catalán da Comunidade Valenciana xa son válidos a nivel oficial nas Illas Baleares. Así, a quen teña, por exemplo, un nivel C1 avalado pola Xunta Cualificadora de Coñecementos do Valenciano, seralle recoñecido polas institucións do Goberno balear, algo que ata agora non pasaba.
Fonte: levante-emv
Poñen en marcha un conversor de éuscaro biscaíño-éuscaro batúa para internet
A Fundación Azkue puxo en servizo no seu portal de internet unha nova ferramenta dixital que permite converter automaticamente textos do éuscaro biscaíño ao batúa ou unificado e viceversa, denominado “Opentrad B”.
Fonte: ABC
O secretario galego de Política Lingüística participa en Madrid nun relatorio sobre o lingüista Aníbal Otero
O responsable de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, participou no relatorio que ofreceu Xesús Alonso Montero en Madrid sobre o lingüista Aníbal Otero.
Fonte: Xunta de Galicia
A subcomisión Euskara XXI do Consello do Éuscaro reúnese co fin de crear un plan para a revitalización desta lingua
A subcomisión Euskara XXI do Consello Asesor do Éuscaro reuniuse no Palacio Miramar de San Sebastián para pór en marcha o novo Plan xeral para a revitalización do éuscaro.
Fonte: La Vanguardia
A primeira aplicación para móbiles en asturiano xa é unha realidade
O lanzamento de Asturnews da primeira aplicación que se desenvolve en lingua asturiana, e que se pode descargar nun teléfono móbil con sistema operativo Android, foi noticia estendida estes días polas redes sociais.
Fonte: Asturnews
Preséntase no País Vasco o primeiro dicionario galego-éuscaro/éuscaro-galego
O filólogo Isaac Fernández presentou na Facultade de Letras da Universidade do País Vasco en Vitoria o primeiro dicionario galego-éuscaro/éuscaro-galego, no que recolleu máis de 5.000 termos.
Fonte: El Correo Gallego
O 21 % dos españois escolle a tecnoloxía web 2.0 para aprender idiomas
As novas tecnoloxías están desbancando os métodos tradicionais para aprender idiomas, e xa son a opción preferida polo 21 % dos españois que están aprendendo unha lingua estranxeira.
Fonte: aprendemas.com
O Consello de Mallorca reforma o regulamento para fomentar o catalán entre as súas empresas
O Consello de Mallorca modificou o regulamento de uso do catalán no seu ámbito de competencia para promover o emprego da lingua propia entre as empresas e entidades concesionarias da institución e para actualizar os requirimentos lingüísticos de acceso para os traballadores insulares.
Fonte: ABC
Os estranxeiros non estarán obrigados a saber unha lingua oficial para renovar os papeis en España
O Goberno dá por finalizada a polémica sobre a obrigatoriedade de falar as linguas oficiais para os estranxeiros que teñan que renovar os seus permisos de residencia. O último borrador do regulamento da Lei de estranxeiría cambia a esixencia do “coñecemento” destas pola da “aprendizaxe”, valorando o “esforzo” en lugar dos resultados obtidos.
Fonte: Público
Boletín
Subscríbase ao boletín