España
Os españois invisten dúas veces máis que o resto do mundo para aprender idiomas
Un recente estudo sobre a aprendizaxe de idiomas realizado en 150 países perfila os españois coma os cidadáns que máis invisten en aprender unha segunda ou terceira lingua. Porén, isto non os coloca á cabeza do multilingüismo.
Fonte: Informativos Telecinco
Miles de persoas maniféstanse en defensa de TV3, a lingua catalá e a transparencia
Varios miles de persoas manifestáronse en Valencia en defensa das emisións de TV3 na Comunidade Valenciana e a favor da lingua e a transparencia, nun acto de protesta que concluíu cunha breve actuación de Lluís Llach fronte ás Torres de Serranos.
Fonte: ABC
A empresa Indra permitirá a aplicación dun intérprete virtual de lingua de signos a servizos turísticos e de transporte
A multinacional de tecnoloxías da información, Indra, permitirá a aplicación dun intérprete de lingua de signos a servizos turísticos e de transporte a través do proxecto Consignos, segundo informa a compañía.
Fonte: Finanzas.com
A Consellería de Educación valenciana pon en marcha a Rede de Centros Plurilingües
A Consellería de Educación puxo en marcha a Rede de Centros Plurilingües e abriu un prazo, ata o 13 de maio, para que os centros educativos soliciten voluntariamente a súa incorporación. A Consellería explicou que o obxectivo da rede é dar resposta á crecente demanda social e mellorar a competencia lingüística dos alumnos.
Fonte: El País
A Korrika, unha carreira en favor do éuscaro, culmina en San Sebastián tras percorrer 2.500 quilómetros en dez días
A 17 edición da Korrika finalizou nunha multitudinaria festa en San Sebastián tras percorrer durante dez días un itinerario de 2.500 quilómetros que comezou en Treviño e culminou no Boulevard donostiarra.
Fonte: ABC
O Goberno vasco destina 12 millóns de euros ao impulso do éuscaro en empresas, institucións e no ámbito social
O Goberno vasco destinará máis de 12 millóns de euros para o impulso do éuscaro en áreas como os medios de comunicación, as entidades locais, as tecnoloxías da información e as empresas, así como no ámbito social.
Fonte: Europa Press
Murcia oferta cursos de idiomas para mozos en 15 países de todo o mundo
A Dirección Xeral de Xuventude ofertou cursos de idiomas en 15 países de todo o mundo que van destinados a mozos entre 14 e 30 anos que, ademais de practicar o idioma, realizarán actividades lúdicas e culturais, informou o Goberno rexional nun comunicado.
Fonte: ABC
Os mitins do PSOE de Cáceres terán un intérprete de lingua de signos
A Agrupación Socialista de Cáceres e a Asociación de Persoas Xordas de Cáceres (APSCC) asinaron un convenio de colaboración polo que se garante a presenza de intérpretes de lingua de signos nos mitins socialistas da próxima campaña electoral municipal.
Fonte: ABC
O Consello de Mallorca aproba o Plan de normalización lingüística
O consello executivo do Consello de Mallorca aprobou o Plan de normalización lingüística adaptado ás directrices do Plan xeral de normalización lingüística das Illas Baleares.
Fonte: ABC
O paro anima a un 26% máis de alumnos a estudar idiomas
O desemprego, ou o temor a quedar sen traballo, e unha maior concienciación social de que, nun contorno cada vez máis competitivo só os máis preparados teñen opcións, dispararon o interese polos idiomas.
Fonte: El Mundo
Boletín
Subscríbase ao boletín